Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 20 de agosto de 2003 Páx. 10.763

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de vixilancia pesqueira, convocado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 29 de novembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 238, do 11 de decembro), pola que se ordena a publicación da proposta de relación de aspirantes que superaron o citado proceso selectivo.

En sesión do día 12 de agosto de 2003 o tribunal acordou, de conformidade coa base IV da convocatoria, publica-la proposta de aspirantes que superaron, por orde de puntuación, o mencionado proceso selectivo, tanto na quenda de promoción interna como de acceso libre.

Así mesmo, tal e como dispón a dita base IV, acordouse eleva-la citada proposta á directora xeral da Función Pública.

A orde de puntuación dos aspirantes establécese de acordo coa suma das puntuacións obtidas na fase de concurso e na fase de oposición, tal e como dispón a base II.2.4 da convocatoria e é a que figura no anexo que se xunta a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2003.

José R. Díaz Presedo

Presidente do tribunal

ANEXO

Proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de vixilancia pesqueira.

-Promoción interna:

DNIApelidos e nomeExercicio 1Exercicio 2Exercicio 3ConcursoNota final

35428855-TBerride Ferreira, Santiago Fernando9,5319,3019,007,7655,59

-Acceso libre:

DNIApelidos e nomeExercicio 1Exercicio 2Exercicio 3ConcursoNota final

35419083-AOrdas Patiño, Gerardo8,6318,3018,300,0045,23