Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 19 de agosto de 2003 Páx. 10.727

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (282/2003).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 282/2003, seguidos por instancia de Margarita Gerpe Rosende e outras contra Confecciones Asturgal, S.L. e Fogasa, sobre reclamación de cantidades, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 14 de xullo de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando a demanda presentada por Margarita Gerpe Rosende, María del Carmen Vázquez Castro e Ana Rosa Vázquez Añón, debo declarar e declaro o dereito das demandantes a percibi-las cantidades reclamadas polos conceptos que se expresan nos feitos probados segundo, terceiro e cuarto desta resolución e, nese sentido, debo condenar e condeno a empresa Confecciones Asturgal, S.L., a que, tal declaración, lle aboe ás demandantes as seguintes cantidades máis o 10% de xuros por mora desde a data do seu correspondente devengo:

Margarita Gerpe Rosende: 2.646,41 A.

Mª Carmen Vázquez Castro: 4.386,89 A.

Ana Rosa Vázquez Añón: 2.890,76 A.

E debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que en contra a dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anuncialo o seu avogado ou representante legal designado para o efecto, perante ese xulgado, no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, por comparecencia ou por escrito das partes. É posible o anuncio por mera manifestación da parte recorrente ó ser notificada, e será resolto, se é o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, ademais, acreditar ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións dese xulgado, aberta no Banco de Bilbao Vizcaya, conta nº 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, coa constancia da responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado do importe da

condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa Confecciones Asturgal, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido en r/ Oviedo 8, 1º, 15142 Arteixo, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 14 de xullo de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado