Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 19 de agosto de 2003 Páx. 10.727

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN TERCEIRA)

EDICTO (714/2001).

Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Terceira da Audiencia Provincial da Coruña, certifica que na peza de apelación 714/2001 se dictou resolución cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. Presidente, Juan Ángel Rodríguez Cardama. Maxistrados, Juan Luis Pía Iglesias, Rafael Jesús Fernández-Porto García.

Na Coruña o once de outubro de dous mil dous.

Visto este recurso de apelación tramitado baixo o número 714 de 2001, pola Sección Terceira desta Audiencia Provincial, constituída polos maxistrados que anteriormente se relacionan, interposto nos autos de xuízo executivo, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Betanzos, ante o que se tramitaron baixo o número 354/1999, nos que son parte como apelante, o demandado Jesús María Díaz Formoso, maior de idade, veciño da Coruña, con domicilio na avenida de Arteixo 8-2º esquerda, representado nesta alzada pola procuradora Sonia Gómez-Portales González e dirixido polo propio apelante, na súa condición de avogado; e como apelado, a demandante Caixa de Aforros de Galicia, con domicilio na Coruña, Rúa Nova, 30, representada nesta alzada polo procurador Víctor López-Riobóo y Batanero e dirixido polo avogado David Vidal Lorenzo. Tamén foi demandada María Ángeles Lagares Fernández, maior de idade, veciña de Paderne (A Coruña), con domicilio no lugar de Quintás,

2, Villa Las Camelias, en situación procesual de rebeldía na instancia. Os autos versan sobre reclamación de saldo de póliza de préstamo.

Decidimos que desestimando o recurso de apelación interposto en nome de Jesús María Díaz Formoso, contra sentencia dictada o 17 de xaneiro de 2001, polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Betanzos, nos autos de xuízo executivo, seguidos co numero 354/1999, por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, debemos confirmar e confirmamos esta resolución, impoñéndolle á parte apelante as custas desta alzada.

Así, por esta nosa sentencia, definitivamente xulgando, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Juan Ángel Rodríguez Cardama. Juan Luis Pía Iglesias e Rafael Jesús Fernández-Porto García. Asinado e rubricado.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación á demandada rebelde María Ángeles Lagares Fernández, estendo e expido este edicto na Coruña o quince de xullo de dous mil tres.

Isabel Freire Corzo

Secretaria xudicial