Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 19 de agosto de 2003 Páx. 10.728

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2003, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación das obras de reforma do local situado no número 10 da rúa Arcebispo Lago, da Coruña, para instala-la asesoría xurídica.

A Consellería de Economía e Facenda anuncia concurso público, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación das obras de reforma do local situado no nº 10 da rúa Arcebispo Lago, da Coruña, para instala-la asesoría xurídica:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Nº de expediente: 27/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: obras.

b) Descrición do obxecto: contratación das obras de reforma do local situado no nº 10 da rúa Arcebispo Lago, da Coruña, para instala-la asesoría xurídica.

c) Lugar de execución: rúa Arcebispo Lago, nº 10 (A Coruña).

d) Prazo de execución: tres (3) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: douscentos corenta e seis mil oitocentos vintecinco euros con cincuenta céntimos, IVE incluído (246.825,50 A).

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación.

a) Entidade: Copynino.

b) Enderezo: rúa Rosalía de Castro, nº 58.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

d) Teléfono: 981 59 03 02.

e) Telefax: 981 59 03 02.

f) Data límite de obtención de documentos: será a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Obtención de información.

a) Entidade: Consellería de Economía e Facenda. Servicio de Xestión Económica e Control Orzamentario.

b) Enderezo: Edificio San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 41 47.

e) Telefax: 981 54 41 25.

f) Data límite de obtención de información: será a mesma que para a presentación de ofertas.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C, subgrupos todos, categoría d.

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 de setembro de 2003.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no Rexistro Xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo, na forma establecida no artigo 80 do Regulamento xeral de contratación do Estado, edificio San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Economía e Facenda.

b) Enderezo: Edificio San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) A data e a hora: ás 10.00 horas do día 22 de setembro de 2003.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

12. Páxina web onde figuran as informacións relativas a esta convocatoria.

www.xunta.es/contratación/.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2003.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio