Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 14 de agosto de 2003 Páx. 10.635

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (542/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 542/2002 por instancia de Matilde Ferreiro Blanco e outros contra Germán Urones, S.A. sobre indemnización, nos que recaeu sentencia con data do 5 de xuño de 2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que estimando a demanda formulada por Matilde Ferreiro Blanco, María Cruz Giménez Ogando, Micaela García Herrero, Raúl Rey Álvarez, Pedro Arias Rebolledo, José Antonio Parada Monelos, Sergio Luis Prieto Vieites, Andrés Vilariño Sánchez e Justo Rúa López, condeno a empresa Germán Urones, S.A. a aboárlle-las cantidades seguintes: Sra. Ferreiro Blanco 12.310 euros, Sra. Giménez Ogando 8.720,36 euros, Sra. García Herrero 8.990,36 euros, Sr. Rey Álvarez 16.204,64 euros, Sr. Arias Rebolledo 9.630,20 euros, Sr. Parada Monelos 9.060,32 euros, Sr. Prieto Vieites 3.661,41 euros, Sr. Vilariño Sánchez 8.664,52 euros e Sr. Rúa López 9.244,76 euros.

Absolvo da demanda o Fogasa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevese a empresa demandada de que para recorrer, deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60 0542.02 do Banesto desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lles sirva de notificación en forma a José Luis Cerqueiro Rodríguez e Juan Vallejo Herranz, expido e asino esta cédula na Coruña o 16 de xullo de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado