Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 14 de agosto de 2003 Páx. 10.636

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (285/2003).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 285/2003 por instancia de Silvia Vila Redondo contra Confecciones Asturgal, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia con data do 16 de xullo de 2003 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que estimando a demanda formulada por Silvia Vila Redondo, contra a empresa Confecciones Asturgal, S.L. condeno a esta a aboarlle a cantidade de 1.552,29 euros, que lle debe en concepto de salarios.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso.

Así, por esta miña sentencia, do que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Confecciones Asturgal, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, 17 de xullo de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado