Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 14 de agosto de 2003 Páx. 10.636

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DE SANTANDER

EDICTO (153/2003).

Eloísa Alonso García, secretario xudicial do Xulgado do Social número catro de Santander, fago saber que no procedemento de execución 153/2003 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Benito García-Lago Velarde, contra a empresa Seguranza Norte, S.L., sobre ordinario, dictouse a seguinte:

Primeiro: despacha-la execución solicitada por Benito García-Lago Velarde contra Seguranza Norte, S.L. por un importe de 1.070,32 euros de principal máis 107,03 euros para custas, gastos e xuros que se fixan provisionalmente.

Segundo: trabar embargo sobre os bens do executado dándose comisión para a dilixencia de embargo que se practicará por un axente deste xulgado, asistido do secretario ou funcionario habilitado, ós que lle servirá este edicto provido do oportuno mandamento, en forma para a práctica acordada, así como solicita-lo auxilio da forza pública se fose necesario; gardándose na traba a orde e limitacións que establecen os artigos 592, 605 e seguintes da Lei de axuizamento civil; librándose, noutro caso, ó xulgado correspondente o oportuno despacho, para que practique as dilixencias acordadas, requirindo a parte actora, en caso de non se encontrar bens ó constrinxido, para que os sinale. Notifíqueselles ás partes ás que se lles fará saber que contra esta resolución poderán interpoñer recurso de reposición ante este mesmo xulgado no prazo de cinco días; e así mesmo, en cumprimento do artigo 249 da Lei de procedemento laboral, notifíqueselles ós representantes dos traballadores da empresa (comité

ou delegado de persoal) para os efectos de poderen comparecer no proceso se o consideran oportuno. De confomidade co que dispón o artigo 247 da Lei de procedemento laboral vixente, remítase comunicación ós rexistros da propiedade, concello e delegación de Facenda e Xefatura Provincial de Tráfico, co fin de certificaren e informaren se a empresa demandada posúe, ou non, bens da súa propiedade nos que poder facer traba. Requírase ó Fondo de Garantía Salarial para que no prazo de quince días inste o que conveña ó seu dereito. A cantidade reclamada deberá ser ingresada en calquera oficina do banco Banesto na conta que ten aberta este xulgado co número 3855000064015303.

Requírase o executado para que manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubri-la contía da execución, con expresión, se é o caso, de cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por qué persoas e con qué título, con apercibimento das sancións que se lle poden interpoñer, cando menos por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren.

O que propoño a SSª para a súa conformidade.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Seguranza Norte, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

En Santander o catorce de xullo de dous mil tres.

Advírteselle ó destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, agás as que revistan forma de auto ou sentencia, ou se se trata de emprazamento.

A secretaria xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA