Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 14 de agosto de 2003 Páx. 10.635

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE PONTEVEDRA

EDICTO (485/2002).

Nos autos de xuízo verbal de desafiuzamento que se seguen neste Xulgado de Primeira Instancia número seis de Pontevedra, por instancia de Andrés Castellano Buceta, contra María José Vázquez Martínez, dictouse resolución do teor literal seguinte:

Sentencia: 00057/2003.

Verbal de desafiuzamento falta pagamento 485/2002.

En Pontevedra o vintetrés de maio de dous mil tres.

Indalecio Conde González, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Pontevedra e o seu partido, tendo vistos os presentes autos de verbal desafiuzamento falta pagamento 485/2002, seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha como demandante Andrés Castellano Buceta con procurador Rafael Barrios Pérez e letrada Paula Arias Álvarez, e doutra como demandada María José Vázquez Martínez, con procurador sen profesional asignado e letrado sen profesional asignado, sobre verbal desafiuzamento falta pagamento.

(Seguen feitos e fundamentación xurídica).

Dictamino que estimando a demanda formulada polo procurador dos tribunais Rafael Barrios Pérez, en nome e representación de Andrés Castellano Buceta, contra María José Vázquez Martínez debo declarar e declaro resolto o contrato de arrendamento que os unía sobre o piso 6º F do número 10 da rúa Loureiro Crespo desta cidade, apercibíndoo do lanzamento á demandada se non deixa libre e expedito o piso no prazo legal e ademais debo condenar e condeno á demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 3.063,21 euros por rendas non pagadas e gastos acreditados, e o xuro legal na forma indicada na fundamentación xurídica desta resolución e as custas.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación que se interpoñerá por escrito ante este xulgado no termo no quinto día.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E como consecuencia do ignorado paradoiro da demandada María José Vázquez Martínez, esténdese esta notificación para que sirva de cédula de notificación.

Pontevedra, quince de xullo de dous mil tres.

O/a secretario/a

Rubricado