Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 14 de agosto de 2003 Páx. 10.634

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO NOVE DA CORUÑA

EDICTO (299/2003-S).

Carmen Calvo Alonso, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número nove nove da Coruña.

Nos autos de xuízo verbal civil nº 299/2003-S, sobre reclamación de cantidade, coas partes que se mencionarán, dictouse a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva ten o teor literal seguinte:

Sentencia.-Na Coruña o un de xullo de dous mil tres.

Vistos polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número nove desta cidade, Pablo González-Carreró Fojón, os presentes autos de xuízo verbal civil nº 299/2003-S, promovidos como parte demandante por Pilar Sánchez Cao, representada pola procuradora María Dolores Villar Pispieiro contra Icaria, S.A., declarada en rebeldía, en primeira sentencia, díctase en nome de El-Rei a seguinte: (seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido que estimo integramente a demanda deducida pola procuradora María Dolores Villar Pispieiro

en nome e representación de Pilar Sánchez Cao contra Icaria, S.A., en situación procesual de rebeldía, e declaro que a demandante é propietaria privativa por título de compravenda da participación indivisa dunha setentava parte do predio rexistral 18.479, folio 85, libro 198 de Culleredo, do Rexistro da Propiedade número tres deste partido, descrita nos antecedentes desta resolución, que implica o dereito á utilización exclusiva da praza de garaxe número 52 segundo o rexistro (actualmente nº 51).

Non fago especial imposición a ningunha das partes das custas causadas nesta instancia.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, que se deberá preparar ante este xulgado dentro dos cinco días seguintes á súa notificación, de acordo co establecido no artigo 457 e seguintes da Lei de axuizamento civil 1/2000, do 7 de xaneiro.

Así, por esta sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúnciao, mándao e asínao Pablo González-Carreró Fojón. Seguen sinaturas e rúbricas».

E para que conste e sirva de notificación ó demandado rebelde a para a súa inserción no DOG e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido e asino este edicto na Coruña o catro de xullo de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS

DE PONTEVEDRA