Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 14 de agosto de 2003 Páx. 10.634

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2003 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante no cadro de persoal laboral desta universidade.

Vacante na Universidade de Santiago de Compostela o posto de traballo que se indica no anexo a esta resolución e sendo necesaria a súa provisión con carácter urxente.

Este rectorado, en uso das atribucións que ten conferidas e de conformidade co previsto no artigo 22 do convenio colectivo para o persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela (DOG do 29 de abril de 2002), resolve anuncia-la convocatoria pública, mediante libre designación, do antedito posto, con suxeición ás seguintes bases da convocatoria:

1. Requisitos dos candidatos: poderá concursa-lo persoal laboral fixo que reúna os requisitos que se esixen e se especifican no anexo.

2. Solicitudes.

2.1. As solicitudes dirixiranse ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, sendo o prazo de presentación de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os aspirantes deberán xuntarlle á solicitude un currículum vitae e xustificar debidamente os méritos que aleguen.

2.2. A presentación de solicitudes poderá facerse no rexistro xeral da Universidade de Santiago de Compostela (situado no Colexio de San Xerome, praza do Obradoiro s/n), no rexistro do Campus de Lugo (situado no edificio servicios administrativos e Biblioteca Intercentros, avda. Bernardino Pardo Ouro, s/n, polígono de Fingoi), ou na forma prevista no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2.3. A designación realizarase entre os traballadores que acrediten reuni-las aptitudes necesarias para o desempeño do posto, de acordo co establecido no artigo 22 do convenio colectivo para o persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela. Para estes efectos, a solicitude presentarase xunto cunha memoria sobre a misión do posto, responsabilidades do titular e posibles melloras.

2.4. Os erros de feito poderán emendarse en calquera momento de oficio ou por petición do interesado.

Norma derradeira. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á súa recepción, de conformidade cos artigos 46 e 8.2º a) da Lei da xurisdicción con

tencioso-administrativa, aprobada pola Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o dictou. Neste caso non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ó abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2003.

Senén Barro Ameneiro

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Denominación do posto: responsable da rede de Lugo.

Grupo: I1.

Categoría laboral: técnico superior de telecomunicacións.

Complemento: 12.

Xornada: dispoñibilidade horaria.

Localidade: Lugo.