Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 14 de agosto de 2003 Páx. 10.633

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas, convocado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 10 de decembro de 2002, pola que se ordena a publicación do acordo adoptado na súa sesión do día 11 de agosto de 2003, relativo á anulación de preguntas do primeiro exercicio da fase de oposición, mínimo de respostas correctas e puntuacións obtidas.

Na súa sesión do 11 de agosto de 2003, o tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas, convocado por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 10 de decembro de 2002, tomou, entre outros, os seguintes acordos:

Primeiro.-Anular, por erro na súa formulación, a pregunta número 29 e por diferencias na reproducción mecanográfica nos idiomas castelán e galego, a pregunta número 81, ocupando o seu lugar as preguntas de reserva números 101 e 102.

Segundo.-Determinar que o número de respostas correctas esixido para acada-la puntuación mínima sexa 60.

Terceiro.-Publicar na páxina web oficial da Xunta de Galicia (www.xunta.es), nos taboleiros de anuncios da Consellería de Economía e Facenda, das súas delegacións territoriais e da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, as puntuacións obtidas polos opositores presentados.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2003.

José Luis Veiga Castiblánquez

Presidente do tribunal