Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 14 de agosto de 2003 Páx. 10.633

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A).

De conformidade co disposto nas bases V.2 e VI da convocatoria para o acceso o corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), aprobada pola Orde do 10 de outubro de 2002 (DOG nº 199, do 15 de outubro), e unha vez publicada polo tribunal correspondente a proposta de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Elevar a definitiva a proposta do tribunal de aspirantes que superaron a fase de oposición do citado proceso selectivo, que se publica como anexo a esta resolución.

Segundo.-Os aspirantes que constan no dito anexo deberán remitir a esta dirección xeral, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, os documentos a que se refiren a base VI.1 da orde da convocatoria.

Terceiro.-Os ditos aspirantes serán nomeados funcionarios en prácticas, a través de resolución do conselleiro da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, que se publicará no seu momento, de conformidade coas bases VI.4 e VI.5. da convocatoria.

Cuarto.-Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Consellería da Presidencia Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1º do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública

ANEXO

Corpo superior de Administración da Xunta

de Galicia (grupo A).

Acceso libre.

Apelidos e nomeDNI1º exerc.2º exerc.3º exerc.

Moraleja Gómez, Tristana María33328394-Z17,3217,12Exenta

Mato Martínez,Aránzazu32828933-K18,2116,06Exenta

Apelidos e nomeDNI1º exerc.2º exerc.3º exerc.

Súarez Fernández, Laura33300604-P18,0315,4Exenta

Núñez López, María Victoría44447393-P17,1414,37Exenta

Rodríguez Herrera, María Xenxa32839708-D14,8215,66Exenta

Piñeiro Saa, Sonia36096735-Y15,1715,16Exenta

Lorenzo Díaz, Pedro Pablo32835539-A17,1413,1Exento

Outeiriño Santos, Jorge34981743-P14,2815,75Exento

Alfonsín Coejo, Iria María44083045-A13,3916,5Exenta

López Bahamonde, María Jesús76863329-C15,3514,41Exenta