Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 08 de agosto de 2003 Páx. 10.433

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (383/2002).

Alberto Ballón Lage, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 383/2002 se dictou a seguinte cédula de citación:

«O/A xuíz/a do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos acordou citar a vostede, co fin de que o vindeiro día 14 de outubro ás 9.30 horas, asista na sala de vistas á celebración do xuízo de faltas arriba indicado, seguido por lesións, en calidade de denunciado-denunciante.

Fáiselle saber que deberá comparecer ó acto de xuízo con tódolos medios de proba de que se intente valer (testemuñas, documentos, peritos ...) e de que poderá acudir asistido de letrado, aínda que este non é preceptivo.

Apercíbese de que de residir neste concello, e non comparecer nin alegar xusta causa que o impida, poderáselle impor unha multa, recaéndolle o prexuízo a que houber lugar en dereito e que, en caso de residir fóra deste concello, poderá dirixir escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar a outra persoa para que presente no dito acto as probas de descargo que tiver, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuízamento criminal».

E para que conste e sirva de citación a José Antonio Traba Novo e Ángel Manuel Ríos Rodríguez, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publlicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Betanzos o once de xullo de dous mil tres.

O secretario

Rubricado