Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 08 de agosto de 2003 Páx. 10.433

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 30 de xullo de 2003 pola que se resolve a convocatoria de libre designación, anunciada por Orde do 30 de xuño de 2003 (Diario Oficial de Galicia número 130, do 7 de xullo).

Convocada a provisión polo sistema de libre designación de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Economía e Facenda, por Orde do 30 de xuño de 2003 (Diario Oficial de Galicia número 130, do 7 de xullo), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, modificado polo artigo 6 da Lei 3/1995, do 10 de abril; visto o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e demais normativa vixente, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Designa-las funcionarias que se citan no anexo desta orde para ocupa-los postos que, así mesmo, se sinalan.

Segundo.-O cesamento no actual destino efectuarase segundo o previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. A toma de posesión deberá facerse no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento ou no dun mes, segundo proceda, de conformidade co disposto no referido artigo.

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro onde causen alta as funcionarias efectuará, dentro dos prazos sinalados anteriormente, as dilixencias de toma de posesión, e seguidamente serán realizados os trámites para a súa alta en nómina.

Das dilixencias efectuadas serán remitidas copias á Dirección Xeral da Función Pública e á Inspección Xeral de Servicios.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, os interesados/as poderán interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia; de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2003.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario seral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda

ANEXO

Apelidos e nome: Patiño Doval, Carmen Aurora.

NRP: 3275375124 A2060.

Grupo: A.

Denominación do posto: xefe do Servicio de Metodoloxía e Seguimento.

Código do posto: EFC070000115770007.

Nivel: 28.

Centro directivo ou dependencia: Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Barrós Naveira, Pilar.

NRP: 3241909857 A2086.

Grupo: A.

Denominación do posto: xefe do Servicio Programación e Coordinación Orzamentaria.

Código do posto: EFC070000015770015.

Nivel: 28.

Centro directivo ou dependencia: Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios.

Localidade: Santiago de Compostela.

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE

BETANZOS