Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 08 de agosto de 2003 Páx. 10.432

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2003, do tribunal designado para o efecto para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso a determinadas categorías dos grupos III, IV e V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio da fase de oposición (exame de galego).

Na sesión que tivo lugar o día 31 de xullo de 2003, o tribunal cualificador do proceso selectivo para o acceso ós grupos/categorías III/80 -capataz de establecemento-, V/9 -celador 2ª/vixilante de recursos naturais- e V/10F -peón forestal-, convocado pola Orde do 26 de decembro de 2002 (DOG nº 2, do 3 de xaneiro) e de conformidade co disposto na base VI 2.1º.b) da convocatoria, acordou:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes para realiza-lo segundo exercicio da fase de oposición para o acceso ás categorías e grupos arriba citados, nun único chamamento o día 19 de setembro de 2003, ás 16.30 horas, na Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa Londres do polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela.

Segundo.-Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno que, a xuizo do tribunal, acredite a súa identidade.

Terceiro.-De acordo co punto 2.1º.b) das bases da convocatoria, os aspirantes poden acreditar ata os 5 días antes da realización deste exercicio, ante o tribunal cualificador, estar en posesión do curso de iniciación de lingua galega.

No Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, facilitarase a relación de aspirantes que teñan que realizar este exercicio.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2003.

Mª Lourdes Batán Aira

Presidenta do tribunal