Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 08 de agosto de 2003 Páx. 10.431

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2003 pola que se lle dá publicidade ó acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, Igape, de supresión de varios ficheiros automatizados de datos de carácter persoal.

O artigo número 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter

persoal (BOE nº 298, do 14 de decembro), especifica que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só se poderán facer mediante a disposición xeral correspondente.

Para tal efecto, o Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), na súa reunión do 4 de xullo, adoptou o acordo de suprimi-los ficheiros automatizados de datos de carácter persoal denominados:

-Terceiros.

-Información comercial.

-Igatel.

-Subministradores Cis-Madeira.

-Bolseiros/lanza.

O texto do dito acordo incorpórase como anexo a esta resolución.

Polo que antecede, e en virtude das facultades que teño conferidas mediante os artigos 12 a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, e 11.1º a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, que aproba o seu regulamento.

RESOLVO:

Facer público os acordos do Consello de Dirección do Igape que figuran como anexos a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica

ANEXO I

Acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica polo que se suprimen os ficheiros automatizados de datos de carácter persoal denominados «Terceiros», «Información comercial», «Igatel», «Subministradores Cis-Madeira» e «Bolseiros/lanza».

Artigo 1º.-Obxecto.

Supresión no Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) dos ficheiros de datos de carácter persoal denominados:

-Terceiros.

-Información comercial.

-Igatel.

-Subministradores Cis-Madeira.

-Bolseiros/lanza.

O motivo que orixina a supresión é o cesamento da finalidade para a que foron recollidos ou rexistrados.

Artigo 2º.-Previsión de destrucción.

Todos os datos de carácter persoal que formaban parte de cada un dos ficheiros arriba mencionados

foron destruídos na data de publicación desta disposición.

Disposición derradeira

Este acordo entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA