Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 08 de agosto de 2003 Páx. 10.429

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2003 pola que se lles dá publicidade ós acordos do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, Igape, de modificación de varios ficheiros automatizados de datos de carácter persoal.

O artigo número 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE nº 298, do 14 de decembro), especifica que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só se poderán facer mediante a disposición xeral correspondente.

Para tal efecto, o Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), na súa reunión do 4 de xullo, adoptou o acordo de modifica-los ficheiros automatizados de datos de carácter persoal denominados:

-Actividades de formación.

-Axudas financeiras.

-Bancos de ideas e proxectos empresariais.

-Persoal.

Os textos destes acordos incorpóranse como anexos a esta resolución.

Polo que antecede, e en virtude das facultades que teño conferidas mediante os artigos 12 a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica e 11.1º a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, que aproba o seu regulamento.

RESOLVO:

Facer público os acordos do Consello de Dirección do Igape que figuran como anexos a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica

ANEXO I

Acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica polo que se modifica o ficheiro automatizado de datos de carácter persoal «Actividades de formación».

Artigo 1º.-Obxecto.

Modificación no Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) do ficheiro de datos de carácter persoal denominado «Actividades de formación».

O ficheiro pasa a chamarse «Actividades Igape/promoción».

Artigo 2º.-Finalidade, estructura e usos.

1. O ficheiro modifica a súa finalidade actual e pasa a te-la finalidade de atende-la inscrición das persoas que teñen intención de acudir ou que participaron en xornadas, eventos, foros, charlas ou

actos nos que, dalgún xeito, o Igape participe como organizador ou colaborador.

As persoas ou colectivos afectados serán calquera que desexe participar nas actividades organizadas polo Igape.

2. O uso previsto do ficheiro é manter informadas a todas aquelas persoas que amosen interese polas actividades organizadas polo Igape.

Os datos de carácter persoal rexistrados neste ficheiro só serán utilizados para os fins expresamente previstos e por persoal debidamente autorizado.

3. A estructura do ficheiro seguirá a se-la de base de datos, con idéntica estructura que a xa declarada.

Artigo 3º.-Medidas de seguridade.

Este ficheiro clasifícase como de nivel medio, atendendo ó disposto no artigo 4 do Real decreto 994/1999, do 11 de xuño. As medidas de seguridade polas que se rexerá o ficheiro están especificadas no documento de seguridade elaborado polos servicios da Secretaría Xeral do Igape.

Artigo 4º.-Órganos da Administración responsables dos ficheiros.

A responsabilidade sobre os ficheiros automatizados correspóndelle ó Instituto Galego de Promoción Económica, que adoptará as medidas de xestión e organización que sexan necesarias, asegurando a confidencialidade, os dereitos e as obrigas recoñecidos na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

Artigo 5º.-Dereito de acceso, rectificación e cancelación.

Os dereitos de acceso, rectificación e cancelación poderán exercerse, se é o caso, ante o responsable do ficheiro (complexo administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela).

Artigo 6º.-Procedemento de recollida de datos.

O procedemento de recollida dos datos de carácter persoal realizarase por medio de enquisas, formularios, cupóns ou a través da web corporativa do Igape.

Artigo 7º.-Comunicación e cesión dos datos.

Non se prevé cesión ou comunicación.

Disposición derradeira

Este acordo entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

ANEXO II

Acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica polo que se modifica o ficheiro automatizado de datos de carácter persoal «Axudas financeiras».

Artigo 1º.-Obxecto.

Modificación no Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) do ficheiro de datos de carácter persoal denominado «Axudas financeiras».

A partir de agora o ficheiro pasa a denominarse «Beneficiarios-terceiros».

Artigo 2º.-Finalidade, estructura e usos.

1. O ficheiro ten por finalidade elaborar unha base de datos con tódolos expedientes presentes e futuros en trámites polo Igape, pagamentos a provedores e concesión de bolsas. Considérase a posibilidade de envío de comunicacións sobre axudas e actividades de interese para os beneficiarios e empresarios.

As persoas ou colectivos afectados serán tódolos que soliciten axudas e tramiten un expediente no Igape, provedores cos que se manteñen relacións comerciais e bolseiros do Igape.

2. O uso previsto do ficheiro é o control de expedientes, pagamentos a provedores e concesión de bolsas.

Os datos de carácter persoal rexistrados neste ficheiro só serán utilizados para os fins expresamente previstos e por persoal debidamente autorizado.

3. A estructura do ficheiro será o de base de datos, no que constarán os seguintes datos de carácter persoal:

1. Nome e apelidos.

2. DNI.

3. Sexo.

4. Número da Seguridade Social.

5. Lugar e data de nacemento.

6. Teléfono.

7. Estado civil.

8. Idade.

9. Réxime económico matrimonial.

10. Ingresos, rendas, plans de pensións, hipotecas, créditos bancarios.

11. Datos bancarios (CCC).

12. Formación e titulación do solicitante.

13. Participación no capital social da empresa á que pertence.

14. Actividade da empresa.

15. Bens e servicios recibidos polo interesado.

16. Bens e servicios subministrados polo interesado.

17. Datos fiscais.

18. Datos de infraccións administrativas.

Artigo 3º.-Medidas de seguridade.

Este ficheiro clasíficase, a partir de agora, como de nivel medio, atendendo ó disposto no artigo 4 do Real decreto 994/1999, do 11 de xuño. As medidas de seguridade polas que se rexerá o ficheiro están especificadas no documento de seguridade elaborado polos servicios da Secretaría Xeral do Igape.

Artigo 4º.-Órganos da Administración responsables dos ficheiros.

A responsabilidade sobre os ficheiros automatizados correspóndelle ó Instituto Galego de Promoción Económica, que adoptará as medidas de xestión e organización que sexan necesarias, asegurando a confidencialidade, os dereitos e as obrigas recoñecidas na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

Artigo 5º.-Dereito de acceso, rectificación e cancelación.

Os dereitos de acceso, rectificación e cancelación poderán exercerse, se é o caso, ante o responsable do ficheiro (complexo administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela).

Artigo 6º.-Procedemento de recollida de datos.

O procedemento de recollida dos datos de carácter persoal segue a se-lo mesmo.

Artigo 7º.-Comunicación e cesión dos datos.

Logo do consentimento do afectado, os datos poderán comunicarse ás entidades bancarias, caixas de aforros, sociedades de garantía recíproca e calquera outra entidade colaboradora que se indique no procedemento en cuestión.

Disposición derradeira

Este acordo entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

ANEXO III

Acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica polo que se modifica o ficheiro automatizado de datos de carácter persoal «Banco de ideas e proxectos empresariais».

Artigo 1º.-Obxecto.

Modificación no Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) do ficheiro de datos de carácter persoal denominado «Banco de ideas e proxectos empresariais».

Artigo 2º.-Finalidade, estructura e usos.

1. O ficheiro non modifica a súa finalidade actual.

As persoas ou colectivos afectados seguen a se-los mesmos.

2. O uso previsto do ficheiro segue a se-lo mesmo.

Os datos de carácter persoal rexistrados neste ficheiro só serán utilizados para os fins expresamente previstos e por persoal debidamente autorizado.

3. A estructura do ficheiro segue a se-la mesma.

Artigo 3º.-Medidas de seguridade.

Este ficheiro clasifícase, a partir de agora, como de nivel medio, atendendo ó disposto no artigo 4 do Real decreto 994/1999, do 11 de xuño. As medidas de seguridade polas que se rexerá o ficheiro están especificadas no documento de seguridade elaborado polos servicios da Secretaria Xeral do Igape.

Artigo 4º.-Órganos da Administración responsables dos ficheiros.

A responsabilidade sobre os ficheiros automatizados correspóndelle ó Instituto Galego de Promoción Económica, que adoptará as medidas de xestión e organización que sexan necesarias, asegurando a confidencialidade, os dereitos e as obrigas recoñecidas na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

Artigo 5º.-Dereito de acceso, rectificación e cancelación.

Os dereitos de acceso, rectificación e cancelación poderán exercerse, se é o caso, ante o responsable do ficheiro (complexo administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela).

Artigo 6º.-Procedemento de recollida de datos.

O procedemento de recollida dos datos de carácter persoal segue a se-lo mesmo.

Artigo 7º.-Comunicación e cesión dos datos.

Non se prevé cesión ou comunicación.

Disposición derradeira

Este acordo entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

ANEXO IV

Acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica polo que se modifica o ficheiro automatizado de datos de carácter persoal «Persoal».

Artigo 1º.-Obxecto.

Modificación no Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) do ficheiro de datos de carácter persoal denominado «Persoal».

Artigo 2º.-Finalidade, estructura e usos.

1. O ficheiro non modifica a súa finalidade actual.

As persoas ou colectivos afectados seguen a se-los mesmos.

2. O uso previsto do ficheiro segue a se-lo mesmo.

Os datos de carácter persoal rexistrados neste ficheiro só serán utilizados para os fins expresamente previstos e por persoal debidamente autorizado.

3. A estructura do ficheiro será o de base de datos, no que constarán os seguintes datos de carácter persoal:

1. Nome e apelidos.

2. DNI.

3. Número da Seguridade Social.

4. Enderezo.

5. Teléfono.

6. Imaxe.

7. Sinatura.

8. Posto de traballo no Igape.

9. Formación académica e titulacións.

10. Experiencia profesional.

11. Datos bancarios (CCC).

12. Estado civil.

13. A data e o lugar de nacemento.

14. Datos de familia.

Artigo 3º.-Medidas de seguridade.

Este ficheiro clasifícase, a partir de agora, como de nivel medio, atendendo ó disposto no artigo 4 do Real decreto 994/1999, do 11 de xuño. As medidas de seguridade polas que se rexerá o ficheiro están especificadas no documento de seguridade elaborado polos servicios da Secretaría Xeral do Igape.