Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 08 de agosto de 2003 Páx. 10.434

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (136/2003).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 136/2003 seguidos por instancia de Arturo López López contra Carlos Vázquez Barbeito sobre salarios, nos que recaen sentencia do 9 de xuño de 2003 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que estimando a demanda formulada por Arturo López López, contra a empresa Carlos Vázquez Barbeito condeno a esta a aboarlle a cantidade de 3.121,99 euros, que lle debe en concepto de salarios.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte da súa notificacion.

Previndo á empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60 0136-03 de Banesto desta cidade denominada Conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, sen os cales requisitos non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Carlos Vázquez Barbeito, expido e asino esta cédula na Coruña, 11 de xullo de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado