Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 08 de agosto de 2003 Páx. 10.434

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (269/2003).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste

xulgado se seguen autos nº 269/2003 por instancia de Jacobo Naveira Filgueiras contra José M. González Abrodos sobre despedimento, nos que recaeu sentencia con data do 18 de xuño de 2003 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que estimando a demanda formulada por Jacobo Naveira Filgueiras, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa BIT 7, S.L., que á súa elección, para efectuar no prazo de cinco días, o readmitida no seu posto e condicións de traballo ou o indemnice coa cantidade de 2.264,57 euros, así como aboarlle en concepto de salarios a cantidade de 3.631,33 euros.

Notifíquese esta resolucion ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte da súa notificación.

Previndo á empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60 269/2003 de Banesto desta cidade denominada Conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, sen os cales requisitos non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así por esta miña sentencia, da que se unirá certificacion ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificacion en forma á José Manuel González Abrodos, expido e asino esta cédula na Coruña, 11 de xullo de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado