Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 05 de agosto de 2003 Páx. 10.236

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

ORDE do 23 de xullo de 2003 pola que se resolve a orde de cesión en propiedade de equipos de comunicación bases e móbiles de radio trunking para misións de protección civil.

Por Orde do 13 de marzo de 2003 (DOG nº 64, do 1 de abril), a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, dictou normas para a cesión en propiedade de equipos de comunicación bases e móbiles de radio trunking ós concellos galegos para misións de protección civil.

Visto o informe técnico emitido polo servicios provinciais de protección civil e a proposta de resolución da comisión avaliadora, en aplicación do artigo 7º da Orde do 13 de marzo,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo á aplicación 13.04.231A.623.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, equipos bases de comunicación de radio trunking para misións de protección civil ós seguintes concellos: Ortigueira e Oroso da provincia da Coruña; Monterroso e O Vicedo da provincia de Lugo; Baños de Molgas, Riós e Toén da provincia de Ourense e Bueu, Mondariz-Balneario e Redondela da provincia de Pontevedra.

Segundo.-Conceder con cargo á aplicación 13.04.231A.623.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, equipos móbiles de comunicación de radio trunking para misións de protección civil ós seguintes concellos: Ortigueira, Cee, A Coruña e Noia da provincia da Coruña; Sarria (2 equipos) e O Vicedo da provincia de Lugo; Baños de Molgas, Coles, Laza, Toén e Xunqueira de Ambía da provincia de Ourense e A Guarda, Lalín, Poio e Mancomunidade do Val Miñor da provincia de Pontevedra.

Terceiro.-Notificárlle-lo contido desta resolución ós concellos beneficiarios, especificando as condicións particulares que deberán cumprir.

Cuarto.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde.

En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2003.

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración

Local