Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 05 de agosto de 2003 Páx. 10.237

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

ORDE do 23 de xullo de 2003 pola que se resolve a orde de cesión en propiedade de material quitaneves para misións de protección civil.

Por Orde do 13 de marzo de 2003 (DOG nº 61, do 27 de marzo), a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local dictou normas para a concesión de apoio ós concellos galegos consistentes na cesión en propiedade de material quitaneves para misións de protección civil.

Visto o informe técnico emitido polo servicios provinciais de protección civil e a proposta de resolución da comisión avaliadora, en aplicación do artigo 7 da Orde do 13 de marzo,

RESOLVO:

Primeiro.-Concederlles, con cargo á aplicación 13.04.231A.623.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, material quitaneves de protección civil os seguintes concellos: Chantada e Pedrafita da provincia de Lugo; Chandrexa de Queixa, Laza, Lobios, Muíños, San Xoán de Río, A Veiga e Vilar de Barrio da provincia de Ourense e Lalín e Rodeiro da provincia de Pontevedra.

Segundo.-Notificárlle-lo contido desta resolución ós concellos beneficiarios, especificando as condicións particulares que deberán cumprir.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde.

En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto

expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2003.

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración

Local