Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 05 de agosto de 2003 Páx. 10.237

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 16 de xullo de 2003 pola que se delega o exercicio de determinadas competencias en materia sancionadora nos directores xerais da Consellería de Medio Ambiente.

As diversas leis sectoriais en materia de medio ambiente veñen atribuíndo expresamente a competencia sancionadora ós diferentes órganos nos que se estructura a Consellería de Medio Ambiente, en función da cualificación das infraccións en leves, graves e moi graves.

A Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, dispón expresamente no parágrafo segundo do artigo 127 que «o exercicio da potestade sancionadora correspóndelles ós órganos administrativos que a teñan expresamente atribuída, por disposición de rango legal ou regulamentario». Pola súa banda o artigo 13 desta mesma lei sinala que «Os órganos das diferentes administracións públicas poderán delega-lo exercicio das competencias que teñan atribuídas noutros órganos da mesma Administración, aínda que non sexan xerarquicamente dependentes ou das entidades de dereito vinculadas ou dependentes daquelas».

Consecuentemente co exposto e recoñecida expresamente a posibilidade de delega-lo exercicio da potestade sancionadora noutros órganos da mesma Administración e en uso das facultades previstas no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988,

DISPÓÑO:

Artigo 1º

Delega-lo exercicio da potestade sancionadora dos expedientes administrativos cando a súa resolución corresponda ó conselleiro de Medio Ambiente, nos directores xerais desta consellería en atención ó ámbito de competencia material determinada no Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, e neste sentido:

1. Delégase no director xeral de Montes e Industrias Forestais a resolución dos expedientes admi

nistrativos sancionadores que lle correspondan ó conselleiro en materia de montes e incendios forestais.

2. Delégase no director xeral de Conservación da Natureza a resolución dos expedientes administrativos sancionadores que lle correspondan ó conselleiro en materia de caza, pesca, protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, conservación da natureza e animais potencialmente perigosos.

3. Delégase no director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental a resolución dos expedientes administrativos sancionadores que lle correspondan ó conselleiro en materia de residuos e protección ambiental.

Artigo 2º

As resolucións e actos administrativos que se adopten facendo uso das delegacións contidas nesta orde sinalarán expresamente esta circunstancia e considereranse dictadas polo órgano delegante.

Artigo 3º

En calquera momento o conselleiro de Medio Ambiente poderá reclama-lo exercicio das atribucións que son delegadas por esta orde, da que quedan excluídos, en todo caso, os supostos previstos no artigo 13.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no artigo 42.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente.

Disposición derradeira

Única.-A presente disposición entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2003.

Jose Luis Barreiro Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente