Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 05 de agosto de 2003 Páx. 10.236

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

ORDE do 23 de xullo de 2003 pola que se resolve a orde de cesión en propiedade de vestimenta de protección civil.

Por Orde do 13 de marzo de 2003 (DOG nº 64, do 1 de abril), a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local dictou normas de apoio ós concellos galegos consistentes na cesión en propiedade de vestimenta de protección civil.

Visto o informe técnico emitido polo servicios provinciais de protección civil e a proposta de resolución da Comisión Avaliadora, en aplicación do artigo 7 da Orde do 13 de marzo,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo á aplicación 13.04.231A.623.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, equipos de vestimenta de protección civil ós seguintes concellos: Arteixo, Brión, Camariñas, Carballo, Cariño, Cee, A Laracha, Laxe, Muxía, Noia, Oleiros, A Pobra do Caramiñal, As Pontes de García Rodríguez, Porto do Son e Santa Comba da provincia da Coruña; A Fonsagrada, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Ourol, Pol, O Vicedo, Viveiro e Foz da provincia de Lugo; Allariz, Baños de Molgas, Barbadás, Beariz, O Carballiño, Coles, Chandrexa de Queixa, Larouco, Laza, Lobios, Mancomunidade de concellos Nábea-Bibei, Ourense, San Cibrao das Viñas, Vilar de Barrio, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía da provincia de Ourense e Agolada, Cangas, Catoira, Lalín, Marín, Meis, Mondariz-Balneario, Redondela, Rodeiro, Mancomunidade de concellos do Val Miñor e Vilagarcía de Arousa da provincia de Pontevedra.

Segundo.-Notificárlle-lo contido desta resolución ós concellos beneficiarios, especificando as condicións particulares que deberán cumprir.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes,

ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde.

En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2003.

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración

Local