Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 05 de agosto de 2003 Páx. 10.235

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

DECRETO 329/2003, do 24 de xullo, polo que se acepta a título gratuíto a doazón dun inxector vascular, con destino ó Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.

A empresa Boston Scienttific Ibérica, S.A. ofrece a doazón ó Servicio Galego de Saúde dun inxector vascular con destino ó Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.

Conforme o artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, requírese decreto do Consello da Xunta de Galicia para a adquisición de bens a título gratuíto.

En cumprimento do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio de Comunidade Autónoma, de conformidade coa proposta do conselleiro de Sanidade e presidente do Servicio Galego de Saúde, e despois da deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día vintecatro de xullo de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acepta-la doazón do seguinte equipo:

-1 inxector vascular, marca Medrad, modelo Mark 5 Provis-150 ML, con valor de 30.000,00 euros, doado pola empresa Boston Scienttific Ibérica, S.A.

Artigo 2º

O activo acéptase segundo o establecido na normativa en materia patrimonial da Comunidade Autónoma e destinarase ó Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña de acordo coa vontade do doante.

Disposición derradeira

O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, levará a cabo os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón neste decreto.

Santiago de Compostela, vintecatro de xullo de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL