Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 05 de agosto de 2003 Páx. 10.235

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 11 de xullo de 2003 pola que se fixan os prezos de venda ó público de diversas publicacións da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de ser emitido o informe preceptivo favorable pola Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse, se é o caso, co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2003.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

ANEXO

-Arquivo do Reino de Galicia. Un renovado arquivo para Galicia: 12 A.-Mapa das librerías de Galicia: 6 A.-Ignacio Basallo: 30 A.-Territorio y Nacionalismo: la construcción geográfica de la identidad gallega: 12,60 A.

-Intervencións no patrimonio arquitectónico 1998: 35 A.-Catálogo de espacios escénicos: 22 A.-Xornadas sobre Urbano Lugrís: 9 A.-VI Bienal de Lalín Pintor Laxeiro: 6 A.-Congreso sobre Maruja Mallo: 9 A.

-Control + P. Xaime Quesada Blanco: 12 A.-Marea Branca: 6 A.-Congreso Música sen Fronteiras: Galicia e Norte de Portugal: 9 A.-Xogos de Escala: 25 A.-José Pedro Croft: 30 A.

-Nuevos espacios para nuevas exposiciones: centros de interpretación del patrimonio arqueológico en Galicia: 14 A.-A palabra e a súa sombra. José Ángel Valente: o poeta e as artes: 45 A.

-Maximino Reboredo. Fotografías (c. 1892-1899): 10,40 A.