Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 05 de agosto de 2003 Páx. 10.210

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 328/2003, do 18 de xullo, polo que se cede o uso, a título gratuíto, do edificio San Paio, situado na rúa Colón, 2, no termo municipal de Tui, a favor do Concello de Tui (Pontevedra).

Con data 30 de maio de 2003, o Concello de Tui solicitou a cesión do uso do edificio San Paio, propiedade da Comunidade Autónoma de Galicia, que figura no Inventario Xeral de Bens e Dereitos da

Comunidade Autónoma, co código P0077, como ben patrimonial.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio, dependente da Consellería de Economía e Facenda, tramitou o expediente de cesión do uso de acordo co previsto nos artigos 83 e seguintes do Regulamento que desenvolve a Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por todo o exposto, de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaoito de xullo de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdase a cesión, a título gratuíto, a favor do Concello de Tui do dereito de uso do edificio San Paio, situado na rúa Colón, 2, no termo municipal de Tui (Pontevedra), construído sobre unha parcela de 4.442 m, que, na actualidade, consta de plantas soto, baixa e primeira, cunha ocupación de 2.490 m e unha superficie construída de 6.267 m, e está distribuído nun auditorio que ocupa as tres alturas, ademais de salas de exposicións nas plantas baixa e primeira e unha zona de oficinas na planta primeira.

O inmoble linda: á dereita entrando ou leste, Travesía da Feira e rúa Ourense; á fronte ou sur, rúa Colón; ó fondo ou norte, parcela segregada (hoxe do Concello de Tui); e a esquerda ou oeste, herdeiros de Jesús Crespo Filgueira, José Fernández González e Mercado municipal do Concello de Tui.

Figura inscrito no Rexistro da Propiedade de Tui, no tomo 321, libro 81, folio 76 do predio 6.317, inscrición 4ª.

Artigo 2º

A cesión de uso queda sometida ás seguintes cláusulas:

a) O fin da cesión será a dedicación a servicios municipais de biblioteca, salas de exposición, teatro e radio municipal.

b) A cesión do uso outórgase por un período de dez anos, contados desde a sinatura da correspondente escritura pública, prorrogable por períodos sucesivos da mesma duración, se así o acordase expresamente o Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, logo da petición do cesionario con anterioridade ó vencemento do período anterior; queda excluída a tácita reconducción.

c) Se o dereito cedido non se aplicase ó fin sinalado dentro do prazo dun ano, contado desde o outorgamento da escritura pública, deixase de estalo con posterioridade, se descoidase ou utilizase con grave quebramento, ou se incumprisen calquera das outras

cláusulas, considerarase resolta a cesión e o dereito reverterá á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 87 do Regulamento da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega.

d) Serán de conta do cesionario:

-Os gastos de conservación e mantemento do inmoble do que se cede o uso.

-Os gastos polos servicios con que conte o inmoble que se individualicen mediante aparellos contadores.

-As cotas dos tributos que poida grava-lo inmoble.

e) As obras de adaptación, reparación e mellora do inmoble, que serán por conta da entidade cesionaria, requirirán a presentación do proxecto e a súa aprobación pola Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda. En todo caso, as expensas investidas quedarán en beneficio do inmoble e, en ningún caso, poderán ser reembolsadas pola Comunidade Autónoma de Galicia, propietaria do inmoble.

f) O cesionario subscribirá:

a) unha póliza de aseguramento a todo risco, de perdas ou danos materiais, polo importe do valor do inmoble segundo o reflictido no Inventario Xeral do Patrimonio da Comunidade Autónoma;

b) outra póliza de aseguramento de responsabilidade civil que garanta posibles danos a terceiros por un importe mínimo de trescentos mil cincocentos seis euros con cinco céntimos. A Comunidade Autónoma de Galicia será a beneficiaria e a asegurada, respectivamente, destas pólizas, que se manterán durante todo o período de cesión, prazo inicial e, se é o caso, prórrogas.

Artigo 3º

A devandita cesión de uso formalizarase mediante escritura pública subscrita pola Secretaría Xeral e do Patrimonio ou funcionario en quen delegue, debendo constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario; serán de conta deste os custos de formalización.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, realizará os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón no presente decreto.

Santiago de Compostela, dezaoito de xullo de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA