Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 04 de agosto de 2003 Páx. 10.191

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do Parque Eólico Serra de Outes (fase I), no concello de Mazaricos (A Coruña), promovido pola empresa Energías Ambientales, S.A. (Clave 2003/0077).

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 1 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto do Parque Eólico Serra de Outes, no concello de Mazaricos (A Coruña), promovido pola empresa Energías Ambientales, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

Declaración de impacto ambiental.

Examinada a documentación que constitúe o expediente, entre a que se atopa a presentada pola empresa promotora:

-Proxecto de execución. Parque Eólico Serra de Outes. Febreiro de 2002.

-Estudio de impacto ambiental do parque eólico de Serra de Outes-Fase I, nos municipios de Mazaricos, Negreira e Outes (A Coruña). Febreiro de 2002.

-Valoración ambiental de modificacións no parque eólico de Serra de Outes-Fase I, en Mazaricos, Negreira e Outes (A Coruña). Xaneiro de 2003.

-Modificado ó proxecto de execución: Parque Eólico Serra de Outes. Marzo de 2003.

-Valoración ambiental do modificado ó proxecto de execución do Parque Eólico Serra de Outes, no municipio de Mazaricos (A Coruña). Abril de 2003.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considera que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que se establecen na presente DIA, ademais das incluídas no estudio ambiental e restante documentación avaliada, tendo en conta que, no caso de que exista contradicción entre o indicado na documentación presentada polo promotor e o establecido na presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

En calquera caso, a prelación da documentación é a seguinte declaración de impacto ambiental, Valoración ambiental de modificacións, de abril de 2003 e estudio de impacto ambiental, por esta orde.

1. Ámbito da declaración.

A presente declaración refírese en exclusiva ó modificado do proxecto denominado Parque Eólico Serra de Outes, que consiste na instalación e explotación dun parque eólico de 33,6 MW de potencia total no concello de Mazaricos (A Coruña), constituído por 21 aeroxeradores modelo Ecotécnica 74/1600, de 1.600 kW de potencia unitaria, que se localizarán dentro do polígono definido polas seguintes coordenadas UTM:

Vértice XVértice Y

502.0004.757.075

504.0004.757.500

504.0004.755.000

507.5004.755.000

507.5004.749.500

504.5004.749.500

502.0004.753.300

A localización dos aeroxeradores e infraestructura asociada ó parque eólico será a que se recolle nos planos Planta Xeral, nº 2.1 e 2.2. Abril de 2003, do documento Valoración ambiental do modificado ó proxecto de execución do Parque Eólico Serra de Outes, no municipio de Mazaricos (A Coruña). Abril de 2003, agás para o que se derive do punto 10.1 desta DIA.

As coordenadas UTM dos 21 aeroxeradores previstos son as seguintes:

AeroxeradorUTM XUTM Y

1502.9504.755.346

2503.0954.755.174

3503.2394.755.002

4503.3844.754.829

5503.0874.754.367

6503.2324.754.195

7502.8704.753.809

8503.0154.753.637

9503.1594.753.465

10503.3044.753.293

11503.4494.753.120

12502.9594.752.888

13503.1034.752.716

15503.3934.752.371

20506.3954.752.838

21506.1214.752.387

25506.2614.751.430

26506.4064.751.258

27506.5074.751.050

28506.6524.750.878

29506.7494.751.840

Liña de evacuación de enerxía.

De acordo coa información que consta nesta dirección xeral, a liña de evacuación de enerxía do parque atópase incluída entre os proxectos que figuran no anexo II da Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental.

En consecuencia, o promotor deberá presenta-la documentación necesaria e suficiente para que este órgano ambiental poida adopta-la decisión (cualificación) á que se refire o artigo 1.2º da citada lei, tal e como se require no derradeiro parágrafo do punto 10 da presente DIA.

2. Protección da atmosfera.

2.1. Sobre a emisión de po.

Os camións de transporte de terras ou materiais que poidan xerar po, deberán ir cubertos con lonas ou similar.

2.2. Sobre a contaminación acústica.

Os niveis de presión sonora no parque e nas vivendas máis próximas non poderán supera-los valores límite de recepción para ruído ambiente exterior establecidos no artigo 8 do anexo da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica.

Para tal fin, levarase a cabo un seguimento do nivel de ruído durante as fases de construcción e funcionamento do parque. Neste senso, deberá revisarse a proposta de plan de seguimento incluída no EsA, adaptándoa á configuración final do parque, tal e como se require no punto 10.3 da DIA.

3. Protección das augas e leitos fluviais.

Calquera actuación ou afección nas zonas de servidume e policía dos cursos de auga, así como cal

quera captación e/ou vertedura, precisará da autorización de Augas de Galicia, conforme o establecido no Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas.

As obras non poderán afecta-la calidade e volume das augas que teñan por finalidade o abastecemento público dos núcleos e das zonas de afección das construccións, tendo prioridade este servicio fronte a calquera outro.

A achega das augas das drenaxes á rede hidrográfica farase gradualmente, instalando sistemas protectores e/ou de disipación de enerxía, co fin de evitar erosión, deposición de sólidos ou asolagamentos na traxectoria de incorporación das augas ós cursos naturais.

Realizarase un control do correcto funcionamento dos dispositivos de drenaxe previstos (tanto transversais como lonxitudinais) e das condicións de incorporación das augas á rede natural, conforme o plan de seguimento do estudio ambiental.

Non se acumularán terras, entullo, material de obra nin calquera outro tipo de materiais nas zonas de servidume e policía dos cursos de auga, nin interferindo na rede natural de drenaxe, co fin de evita-la súa incorporación ás augas no caso de chuvias ou escorrega superficial. Non está permitido o lavado de maquinaria e materiais nos cursos fluviais.

A medida que avanza a obra procederase á estabilización e revexetación dos noiros de desmonte e/ou terraplén resultantes da execución da obra civil, co obxecto de previr fenómenos erosivos e incorporación de sólidos ás augas. Nas zonas de maior pendente empregaranse mallas antiescorrega e calquera outra medida necesaria para evita-lo arrastre de materiais ladeira abaixo.

Co fin de controlar que a calidade das augas non resulta afectada, tanto na fase de obras como ó final destas ata que se constate ausencia de afeccións, levarase a cabo o plan de control proposto no estudio ambiental.

4. Protección do solo.

Realizarase un control topográfico preciso dos límites das zonas de obra e da localización de tódalas infraestructuras e instalacións proxectadas, que se axustará ó establecido nesta declaración, estando prohibido ocupar terreos fóra dos previstos.

A circulación de vehículos e maquinaria de obra no parque restrinxirase ás vías e zonas acondicionadas para o efecto.

As infraestructuras asociadas á construcción do parque eólico executaranse de acordo coas especificacións técnicas e dimensións sinaladas no proxecto, non permitíndose o seu sobredimensionamento.

Na realización das voaduras disporanse os medios materiais necesarios (redes, mallas, lonas...) que impidan a proxección de fragmentos de rocha ó con

torno. En calquera caso, se estes se producisen, deberán ser retirados da zona e depositados en lugar autorizado.

Para a localización das instalacións de obra seleccionarase un lugar de baixo valor ambiental, escasa pendente e afastado de calquera curso de auga ou área de protección arqueolóxica, reflectindo a localización prevista no plano requirido no punto 10.2 desta DIA.

No caso de deterioración de camiños ou calquera outra infraestructura ou instalación preexistente debido ós labores de construcción do parque, deberá restituírse a súa calidade ós niveis previos ó inicio das obras.

A realización do proxecto deberá respecta-la Lei 4/1994, de estradas de Galicia, no que se refire ó uso e defensa destas. As obras que afecten ós terreos comprendidos na área de influencia das estradas requirirán, en todo caso, expresa autorización do órgano competente da Administración titular da estrada, en concreto, para o cruzamento da gabia do cableado baixo o firme da estrada AC-403 (Muros-Santa Comba).

Así mesmo, á vista da afección que se produce polo percorrido duns 180 m de gabia do cableado en paralelo ás zonas de servidume e afección da dita estrada, terase en conta, con carácter xeral, que as gabias deberán manter unha distancia mínima de 30 m respecto da área de afección, definida polas liñas paralelas ás arestas de explanación da estrada. Neste senso, presentarase a documentación requirida no punto 10.1 da DIA.

En todo caso, terase en conta que existe un proxecto de acondicionamento da dita estrada e que as obras non poderán supoñer un menoscabo da súa capacidade resistente nin ocasionar unha perturbación ó tráfico nin diminución da seguridade.

5. Xestión de residuos.

Tódolos residuos que se xeren como consecuencia da instalación, explotación e desmantelamento do parque eólico deberán ser xestionados en función da súa natureza e conforme a lexislación vixente, primando a reciclaxe ou reutilización fronte á vertedura.

Os residuos almacenaranse en contedores ata a súa entrega a xestor autorizado, atendendo ós criterios de almacenamento establecidos na lexislación vixente e sinalizando claramente a súa presencia.

Ó finaliza-las obras, e antes do inicio da fase de explotación, deberán terse retirado e xestionado a totalidade dos residuos de obra.

Mentres non se produzan as sucesivas entregas ó xestor autorizado, durante a fase de construcción os contedores localizaranse na zona de instalacións de obra, e durante a fase de explotación disporanse no edificio de control.

6. Protección da fauna e vexetación.

6.1. Sobre a fauna.

Nos pasos canadenses que se instalen para impedi-lo paso do gando, deberán adoptarse medidas que posibiliten o escape dos pequenos vertebrados que poidan caer no foxo. Estas medidas consistirán, segundo o caso, nunha rampla de subida ou foxo con laterais abertos.

Respecto á avifauna, realizaranse comprobacións periódicas que permitan determina-la existencia ou non de afeccións sobre os seus efectivos poboacionais e detectar posibles cambios no comportamento e usos do hábitat producidos pola presencia dos aeroxeradores, tanto deste parque como os do seu contorno.

Para tal fin, levarase a cabo un plan de seguimento de avifauna e unha valoración conxunta dos resultados dos plans de seguimento de avifauna dos parques contemplados no estudio de sinerxías. Neste senso, presentarase a documentación requirida nos puntos 10.4 e 10.5 da DIA.

Respecto doutros vertebrados, dada a presencia de morcegos na zona, realizarase o seguimento de quirópteros proposto no estudio ambiental.

6.2. Sobre a vexetación.

Para a xestión da biomasa vexetal eliminada, seleccionarase o método de troceado e trituración.

Para calquera aproveitamento, utilización ou modificación da vexetación de ribeira seguirase o disposto na Resolución do 27 de maio de 2002 (e posteriores correccións de erros), da Consellería de Medio Ambiente, relativa á tramitación e resolución dos expedientes de autorización para sementeiras, plantacións e corta de árbores en terreos de dominio público hidráulico, e para o aproveitamento e utilización da vexetación arbórea ou arbustiva das ribeiras dos ríos.

7. Protección do patrimonio cultural.

Cara a evitar posibles afeccións, establécese, para esta obra, unha área de exclusión no contorno dos bens do patrimonio cultural, cun radio de 50 m medidos desde o límite exterior do ben inventariado, polo que tódalas obras e infraestructuras que se atopen dentro deste ámbito deberán ser afastadas del. A realización de calquera tipo de obras nas referidas áreas precisará do informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Así mesmo, evitarase o tránsito de maquinaria nestas áreas.

Deberá realizarse un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, execución de obra e restitución dos terreos en todo o ámbito do parque eólico, polo que, previamente ó inicio das obras, se elaborará un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Este proxecto contemplará que durante a fase de execución de obra se procederá á inspección dos

terreos rozados, dos perfís das gabias do cableado e prospección de cobertura total naquelas áreas remexidas en superficie. Así mesmo, a sinalización dos xacigos arqueolóxicos recollidos no estudio de impacto farase na fase de replanteo ou, en todo caso, en momentos previos ó inicio das obras.

En función dos resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha destas fases, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Na fase de replanteo revisaranse os impactos e valorarase a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

8. Sobre a paisaxe.

O acabado exterior do edificio de control adecuarase á tipoloxía constructiva da zona. As cores que se vaian utilizar na pintura de exteriores serán acordes co contorno e de acabado mate.

9. Restauración.

Tódalas superficies afectadas ou deterioradas pola execución das obras (marxes das vías, foxos, contorno das obras de drenaxe, gabias do cableado, plataformas de montaxe, zonas de amoreamento de materiais...) deberán ser restauradas e revexetadas, favorecendo a recuperación do solo e a reinstalación da vexetación orixinal. Así mesmo, garantirase o mantemento da revexetación ó longo do tempo.

Os labores de restauración e revexetación deberán realizarse paralelamente ó avance da obra, conforme as distintas superficies que se vaian restaurar acadan o seu estado definitivo, co fin de evitar fenómenos erosivos e lograr unha maior integración paisaxística das zonas alteradas desde un principio.

Deberá realizarse un seguimento da efectividade dos labores de restauración en tódalas fases, incrementando a intensidade do seguimento no caso de que se detecten dificultades para o desenvolvemento da vexetación.

Previamente á revexetación efectuarase o acondicionamento do terreo, procedendo á súa descompactación e laboreo superficial, retirando o exceso de pedregosidade e estendendo a terra vexetal previamente amoreada. Minimizarase o estendido de terra vexetal, restrinxíndoo ás zonas alteradas que vaian ser restauradas.

Ó finaliza-las obras, retiraranse as casetas de obra e calquera outra estructura relacionada, procedendo á recuperación da zona afectada.

Na fase de desmantelamento e abandono do parque, unha vez rematada a súa vida útil, levaranse a cabo tódalas actuación necesarias para recupera-la situación preoperacional da zona ocupada pola instalación, incluíndo a restauración das vías creadas

para uso exclusivo do parque e a revexetación de tódalas zonas afectadas pola desmontaxe.

Tendo en conta que o plan de restauración incluído no estudio ambiental non contempla a totalidade dos condicionados anteriores, deberá revisarse o plan presentado, conforme o requirido no punto 10.6 desta DIA.

10. Documentación adicional.

Previamente ó inicio das obras, o promotor presentará perante o órgano substantivo, quen dará traslado a esta dirección xeral para a súa valoración e, se procede, imposición de medidas protectoras e/ou correctoras adicionais que se deriven, tres (3) exemplares da seguinte documentación:

10.1. Documento técnico, con memoria e planos, no que se reflicta con detalle o cumprimento do condicionado establecido no punto 4 da DIA en relación á estrada AC-403 (Muros-Santa Comba) e o seu proxecto de acondicionamento, recomendándose que o seu alcance e contido sexa consensuado coa Dirección Xeral de Obras Públicas.

Unha vez recibido informe favorable por esta dirección xeral a documentación requirida no punto anterior, presentarase:

10.2. Plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflicta a poligonal do parque e tódalas infraestructuras e instalacións proxectadas, de acordo co que se derive do cumprimento do punto anterior.

Diferenciaranse, en cores ou grafía distintiva, as vías preexistentes dos de nova construcción e aquelas que se van acondicionar, indicando na lenda a lonxitude de cada tipo e a das gabias do cableado. Reflictiranse tamén o punto/os de acceso ó parque, dispositivos de drenaxe, elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela e a localización prevista da zona de instalacións de obra, parque de maquinaria e amoreamento de materiais.

10.3. Adaptación, se é o caso, do plan de seguimento do nivel de ruído á configuración final do parque, segundo o indicado no punto 2.2 da DIA.

10.4. Novo plan de seguimento da incidencia do parque eólico sobre a avifauna, que deberá ser elaborado por técnico/s especializado/s na materia e virá asinado polo/s autor/es, constando a súa titulación e acreditación do coñecemento da materia. Desenvolverá, como mínimo, os seguintes aspectos:

-Metodoloxía do seguimento, detallando os controis que se vaian efectuar e a súa frecuencia, para a caracterización do comportamento das aves ante os aeroxeradores e a detección de morte por colisión. Para esta última, terase en conta que en cada visita se revisará como mínimo un 50% dos aeroxeradores e que a frecuencia das visitas será como mínimo mensual, contemplando unha quincenal nas épocas reproductoras, de dispersión de xuvenís e de paso migratorio ou movementos locais, así como unha

redefinición da frecuencia en función dos resultados do seguimento, incrementándoa no caso de detectarse afeccións.

-Definición xustificada de limiares de afección (alerta e inadmisible) por colisión e aparición de efecto baleiro, que indiquen a necesidade de adopción de medidas protectoras ou correctoras específicas.

-Proposta de medidas protectoras e/ou correctoras a adoptar no caso de acada-los citados limiares. Medidas propostas para a detección e corrección de impactos puntuais imprevistos (desvío de rutas migratorias ou pasos, acumulación temporal de aves na área...).

-Presentación dos resultados, detallando a estructura e contido dos informes, que incluirán como mínimo un punto introductorio (indicando datas e descrición das campañas efectuadas), outro cos datos e resultados obtidos e un de valoración, discusión e conclusións finais.

10.5. Proposta metodolóxica para a detección e valoración de posibles efectos acumulativos e/ou sinérxicos sobre a avifauna e quirópteros, referidos ós parques eólicos contemplados no estudio de sinerxías, de acordo co punto 6.1 da DIA. Proporanse limiares de risco e medidas correctoras específicas ó respecto.

10.6. Revisión do plan de restauración, adaptándoo á configuración final do parque resultante do establecido nesta DIA e que ademais contemple axeitadamente os condicionados establecidos no punto 9, entre os que cabería destacar: execución da restauración conforme avanza a obra, presentando calendario de labores; plan de vixilancia da revexetación; descrición dos labores de preparación do terreo previamente á revexetación; restauración de tódalas zonas alteradas polas obras, incluíndo as plataformas de montaxe. Restauración, na fase de desmantelamento, das vías creadas para uso exclusivo do parque. O orzamento do plan presentarase individualizado para as fases de obra e desmantelamento, e incluirá medicións debidamente xustificadas, cadro de prezos unitarios, unidades de obra con prezos descompostos, orzamentos parciais, orzamento total de execución material e orzamento total de execución por contrata. Novos planos da restauración, para cada unha das fases do plan.

10.7. Identificación do responsable ambiental por parte do promotor, en cumprimento do indicado no punto 12.3 da presente DIA.

10.8. Documentación acreditativa de ter notificado a pequena producción de residuos perigosos para a fase de obras, segundo o Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia.

10.9. Copia da autorización do proxecto arqueolóxico para a realización do control e seguimento arqueolóxico durante a fase de obras, conforme o

indicado no punto 7 da presente DIA. En ningún caso poderán iniciarse as obras sen a autorización expresa da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, respecto do indicado neste punto.

Unha vez avaliada a antedita documentación, remitiráselle ó promotor o seu resultado, non podendo proceder ó inicio das obras ata que conte co informe favorable desta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental sobre a totalidade da documentación requirida.

Unha vez recibido informe favorable desta dirección xeral o cumprimento dos puntos anteriores, o promotor comunicará a esta dirección xeral a data de inicio das obras e remitirá, como mínimo 48 horas antes do seu comezo, o cronograma estimado de obras, contendo tódalas actividades, incluíndo as medidas protectoras e correctoras e indicando, para cada actividade, as datas de inicio e fin e a duración prevista.

Liña de evacuación de enerxía.

En relación coa liña de evacuación do parque, presentarase a documentación indicada no punto 1 da DIA.

11. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras contempladas na documentación avaliada e no condicionado da declaración, así como incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. O programa debe permitir detectar, cuantificar e corrixir alteracións que non se puidesen prever no estudio ou no condicionado da DIA, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

No caso de que durante o seguimento ambiental se detectasen, en calquera das súas fases, impactos imprevistos ou alteracións que superen os limiares establecidos nesta declaración ou na lexislación aplicable, tomaranse as medidas oportunas para paraliza-la actuación, comunicando a esta dirección xeral a incidencia detectada e propoñendo as medidas correctoras precisas para corrixilas, que serán avaliadas polo órgano ambiental, quen informará sobre a conveniencia ou non de continua-la actuación nesas circunstancias.

Tendo en conta o anterior, o promotor remitirá a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo e coa periodicidade indicada, tres (3) exemplares da seguinte documentación:

11.1. Durante a execución das obras presentarase, con carácter trimestral, un informe de obras que como mínimo inclúa:

a) Cronograma de obras actualizado, con tódalas actividades, incluíndo as medidas protectoras e correctoras e indicando, para cada actividade, a porcentaxe de execución respecto ó total. No cronograma figurará a data de actualización.

b) Resultados do plan de seguimento do nivel de ruído, con medicións en plena actividade, indicando persoal de obra e maquinaria en funcionamento. As medicións serán efectuadas por entidade homologada por esta dirección xeral, e os informes presentaranse asinados por técnico desa entidade.

c) Resultados do plan de control da calidade das augas e do funcionamento da rede de drenaxe.

d) Informe onde se detallen, para aqueles indicadores ambientais que non teñan plans de seguimento específicos, os controis ambientais efectuados de acordo co plan de vixilancia (indicando datas das visitas), resultados da aplicación das medidas protectoras e correctoras, incidencias ou imprevistos acontecidos, labores de restauración levadas a cabo, xestión dos residuos de obra, etcétera. O informe reflectirá o cumprimento da declaración en relación a tódolos aspectos incluídos ou derivados dela.

e) Informe de avance da obra, acompañado de reportaxe fotográfica, onde se describa o desenvolvemento dos traballos en relación a tódolos compoñentes do proxecto. Nas fotografías indicarase a data e hora, acompañándoas dun plano de localización.

f) Plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflicta a situación real das obras e a porcentaxe de execución respecto ó total, referido a tódolos elementos que conforman o proxecto.

11.2. Ó final das obras, comunicarase a data de posta en marcha do parque. No prazo máximo de dous (2) meses desde o remate dos traballos, presentarase un informe fin de obras, co seguinte contido mínimo:

a) Informe onde se describa o desenvolvemento dos traballos desde a emisión do último informe de obras e o estado final destas trala súa finalización, así como os controis ambientais e medidas protectoras e correctoras levadas a cabo, incidencias ou imprevistos acontecidos e solucións adoptadas, destino dos sobrantes de terras, residuos de obra e biomasa vexetal; descrición detallada do estado final da área afectada en relación a tódolos aspectos contemplados no estudio ambiental e no condicionado desta declaración.

b) Reportaxe fotográfica que amose con detalle os aspectos máis salientables da actuación: zonas nas que se implantaron os aeroxeradores, estado das vías, drenaxes e foxos, gabias do cableado, estado de limpeza da área, en especial da zona destinada a instalacións de obra, zonas onde se efectuaron medidas protectoras e correctoras, etcétera. Nas fotografías indicarase a data e a hora, acompañándoas dun plano de localización.

c) Plano as built, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflicta a situación real de tódalas instalacións e infraestructuras do parque, así como as zonas onde se rea

lizaron medidas protectoras e/ou correctoras de carácter ambiental.

d) Documentación acreditativa de ter notificado a pequena producción de residuos perigosos para a fase de explotación, segundo o Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia.

11.3. Seguimento ambiental semestral, contado desde o inicio da explotación, durante os dous primeiros anos desta. Este informe incluirá, como mínimo, os seguintes contidos:

a) Resultados do plan de seguimento do nivel de ruído, indicando o número de aeroxeradores en marcha durante a medición.

b) Resultados do plan de control dos dispositivos de drenaxe e das condicións de incorporación das augas á rede natural, de acordo co punto 3 da DIA.

c) Resultados do plan de seguimento de avifauna e quirópteros, conforme o punto 6.1.

d) Informe dos posibles efectos acumulativos e/ou sinérxicos, conforme ó que se derive da documentación requirida no punto 10.5 da DIA.

e) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica detallada, no que se describan os resultados da aplicación do plan de restauración, indicando os avances e incidencias no proceso de rexeneración da cuberta vexetal, estado das vías, foxos, plataformas de montaxe, gabias do cableado, drenaxes e aquelas zonas nas que se aplicasen medidas de protección contra a erosión. Detallaranse os controis ambientais efectuados (indicando datas das visitas) para verifica-la eficacia e evolución das medidas protectoras e correctoras adoptadas. Describiranse as posibles incidencias en relación a tódolos aspectos incluídos ou derivados da DIA. Nas fotografías indicaranse a data e a hora, acompañándoas dun plano de localización.

11.4. Seguimento ambiental anual: presentarase a partir do segundo ano de explotación e terá, con carácter xeral, os contidos do informe descrito no punto anterior.

Non obstante, esta dirección xeral, á vista dos resultados obtidos no seguimento ou por proposta motivada do promotor poderá modifica-lo contido do dito informe ou a frecuencia dos controis que se van realizar.

11.5. Informe previo ó abandono: no prazo de seis (6) meses previos á finalización da explotación do parque, remitirase un cronograma estimado das actuacións de desmantelamento e abandono da instalación, acompañado, se é o caso, dun informe indicando as posibles variacións respecto do plan de desmantelamento previsto, xunto coa súa xustificación.

11.6. Informe posterior ó abandono: no prazo de dous (2) meses contados desde o remate dos traballos de desmantelamento e abandono do parque, remi

tirase un informe acompañado de reportaxe fotográfica, que conteña a descrición das actuacións levadas a cabo, con especial mención á xestión dos residuos procedentes do desmantelamento e á restauración das superficies afectadas.

12. Condicións adicionais.

12.1. Para efectos de seguimento da presente declaración, o órgano substantivo comunicará a este órgano ambiental a data de notificación da DIA ó promotor.

12.2. As condicións sinaladas nesta declaración de impacto ambiental (DIA) son de obrigado cumprimento para a empresa promotora. Nembargantes, o promotor poderá solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas indicadas, co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación, ou implicasen modificacións importantes na actividade, sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican na presente declaración.

Nesta circunstancia, o promotor realizará a solicitude á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Esta solicitude remitirase no prazo máximo dun (1) mes despois de serlle notificada a presente DIA polo órgano substantivo. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental procederá á súa avaliación, comunicando o acordo adoptado ó promotor, quen non poderá comeza-las obras antes de contar cunha comunicación desta dirección xeral para o efecto.

12.3. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, o promotor deberá designar un responsable do control deste, notificando o seu nomeamento ó órgano substantivo, quen o comunicará ó órgano ambiental.

12.4. Calquera cambio que se pretenda introducir respecto da documentación avaliada deberá elaborarse tendo en conta a variable ambiental e será notificado previamente, a través do órgano substantivo, a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quen o avaliará e decidirá sobre a súa aceptación, comunicando así mesmo se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

12.5. Previamente ó inicio das obras, o promotor deberá depositar un aval para garanti-lo cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ó ambiente e do custo de restauración, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental.

Proponse como importe provisional do aval, que deberá fixar o órgano substantivo, o 4% do investimento previsto, ascendendo á cantidade dun millón

nove mil setecentos con trinta e tres (1.009.700,33) euros. O importe definitivo do aval, que será actualizable, poderá propoñerse cando o promotor presente orzamento do plan de restauración, tendo en conta o requirido no punto 10.6 da DIA.

12.6. O órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá establecer, en calquera momento e só para os efectos ambientais, condicionados adicionais á presente declaración, en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da explotación, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non contemplado actualmente.

12.7. Se unha vez emitida esta declaración se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o medio ambiente, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou por solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e ata que estes sexan corrixidos.

12.8. O incumprimento total ou parcial, por parte da empresa promotora, das condicións impostas nesta DIA, poderá ser causa suficiente para proceder á solicitude de peche cautelar e adopta-las medidas oportunas en cumprimento da lexislación vixente.

12.9. Deberán efectuarse os trámites oportunos para a publicación da DIA no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto no artigo 5.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia.

ANEXO I

Resumo do proxecto

O modificado do proxecto denominado Parque Eólico Serra de Outes, promovido pola empresa Energías Ambientales, S.A., consiste na instalación e explotación dun parque eólico composto por 21 aeroxeradores e a súa infraestructura asociada, no concello de Mazaricos (A Coruña). Os aeroxeradores distribuiranse en varias aliñacións dentro do polígono definido polas coordenadas UTM que se indican no punto 1 desta declaración.

As características básicas do proxecto son as seguintes:

-Número de aeroxeradores: 21.

-Modelo: Ecotecnia 74/1600.

-Potencia unitaria por aeroxerador: 1.600 kW.

-Potencia total instalada: 33,6 MW.

-Altura das torres: 60/70 m.

-Diámetro do rotor: 74 m.

-Producción neta anual prevista: 91.728 MWh/ano.

-Investimento previsto: 25.242.508,38 euros.

A obra civil inclúe a execución de 11.193 m das vías de acceso e servicio ós aeroxeradores, cun largo de rodadura de 5 m e dotados de foxos e drenaxes

para a recollida e evacuación de pluviais. Prevese a execución duns 12.469 m de gabias de conducción do cableado, cun largo de 60 cm.

Medidas preventivas e correctoras.

Atmosfera.

-Rega das superficies cando as obras coincidan co período de estiaxe.

-Cumprimento da normativa referida á emisión de partículas sólidas.

-Cumprimento coa normativa de ruídos.

-Plan de matemento da maquinaria para reduci-las emisións.

-Realización dun control das emisións de ruído.

Solo.

-As obras axustaranse ó especificado no proxecto.

-Empregaranse, na medida do posible, as vías existentes na zona.

-Reposición de vías se resultan deterioradas.

-Retirada coidadosa e mantemento da terra vexetal retirada para que non perda as súas cualidades.

-Descompactado de terreos previamente ó estendido de terra vexetal.

-Tódolos terreos afectados polas obras serán restaurados.

-Os sobrantes de terras levaranse a vertedoiro autorizado, non creándose vertedoiros incontrolados. Os materiais de préstamo terán a súa procedencia acreditada.

-O mantemento e reparación de maquinaria realizarase en talleres dedicados para tal fin.

-Preveranse vertedoiros para tódolos residuos de obra ou da actividade, para as distintas categorías de residuos xerados.

-O formigón trasladarase en formigoneiras desde as plantas de fabricación, evitando instalacións provisionais no parque.

-As vías axustaranse á topografía do terreo. O trazado en zonas de arborado será sinuoso, minimizando a corta.

Rede hidrolóxica.

-Vixilaranse os arrastres de materiais e construiranse gabias a pé de terraplén para recoller escorregas.

-Revexetación das zonas alteradas.

-O mantemento e reparación de maquinaria realizarase en talleres dedicados para tal fin.

-As augas residuais dos servicios hixiénicos levaranse á rede de saneamento municipal ou fosa séptica.

-Non se modificará a rede hidrolóxica da zona sen autorización do organismo de bacía.

-Os cruzamentos cos regatos faranse cun deseño especial.

-Dotación dunha rede de drenaxe.

-Os residuos en fase de funcionamento recolleranse en contedores axeitados para tal fin.

Paisaxe.

-Aproveitamento da rede de camiños. Trazado sinuoso das vías, axustado á topografía e evitando grandes movementos de terras. Mínimo tratamento superficial das vías. Aeroxeradores con cores pouco chamativas e acabado mate. Deseño e acabado de edificacións e vías con criterios de integración cromática e constructiva co medio. Revexetación. Liñas eléctricas no interior do parque soterradas.

Fauna e vexetación.

-Diminuí-la velocidade dos vehículos de obra.

-Evita-la alteración dos hábitats que conteñan fauna de interese (brañas, rochedos, edificacións abandonadas...).

-Reduci-las voaduras ó mínimo, sobre todo no período de reproducción das aves.

-No caso de detectarense cadáveres, retíranse para evita-la atracción de especies preeiras.

-Realización dun seguimento da incidencia do parque sobre a avifauna.

-As obras axustaranse ó especificado no proxecto, procurando que a afección á vexetación sexa a mínima posible.

-Reposición da vexetación unha vez finalizadas as obras, axustándose ó plan de revexetación do estudio ambiental.

-Rega para evita-lo levantamento e deposición de po na vexetación.

-Descompactado do terreo.

-Tratamento de residuos vexetais.

-Previamente á corta de vexetación arbórea farase a comunicación de corta ou solicitude de autorización, conforme o Regulamento de montes.

ANEXO II

Resumo dos informes

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emite tres informes. O primeiro é desfavorable por carencias na documentación cartográfica. O segundo, unha vez solventadas as ditas carencias, é favorable, aceptando as medidas correctoras propostas, cos seguintes condicionantes que se van incluír na correspondente declaración ambiental:

1. De cara a evitar posibles afeccións, establecerase, para esta obra, unha área de exclusión no contorno dos bens do patrimonio cultural, cun raio de 50 m medidos desde o límite exterior do ben inventariado, polo que tódalas obras e infraestructuras que se atopen dentro deste ámbito deberán

ser afastadas del. A realización de calquera tipo de obras nestas áreas precisará o informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Evitarase o tránsito de maquinaria nestas áreas.

2. En relación co Camiño de Santiago a Fisterra, sinalizado por marcadores oficiais e recoñecido como prolongación da Ruta Xacobea a Fisterra, é necesario levar a cabo as seguintes medidas correctoras:

2.1. Estímase que a medida correctora máis axeitada sería e aliminación dos aeroxeradores 22, 23 e 24, ou ben a súa recolocación noutro lugar. Deste xeito evitaríase o impacto visual pola súa proximidade ó camiño e a apertura da pista e da gabia do cableado.

2.2. De non poder levarse a cabo tecnicamente esta medida, deberase adopta-la seguinte:

-Sinalización do trazado do Camiño de Santiago nos planos de obra.

-Balizado durante as obras para garanti-la correcta identificación polo persoal de obra.

-Respecto á traza do camiño e a súa continuidade, restituíndo o tramo afectado dando prioridade á pista do camiño fronte á pista do parque eólico.

-Prohibición de tránsito de vehículos pesados e maquinaria.

-Control arqueolóxico das obras que se van realizar na cautela dos 30 m a cada lado do camiño e con especial atención á apertura da pista e gabia do cableado.

3. Deberá realizarse un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, de execución de obra e de restitución dos terreos, en todo o ámbito do parque eólico. Para tal fin, e previamente ó inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Este proxecto deberá incorpora-las medidas correctoras recollidas no estudio de impacto arqueolóxico e as establecidas neste informe.

4. Durante a fase de execución de obra procederase á inspección dos terreos rozados, dos perfís das gabias do cableado e prospección de cobertura total naquelas áreas remexidas en superficie.

5. A sinalización dos xacigos arqueolóxicos recollidos no estudio de impacto farase na fase de replanteo ou, en todo caso, en momentos previos ó inicio das obras.

6. En función dos resultados das actuacións arqueolóxicas, en cada unha destas fases, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo revisaranse os impactos e valorarase a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

7. Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, de 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

O terceiro informe, á vista do documento Valoración ambiental do modificado ó proxecto de execución do Parque Eólico Serra de Outes, no municipio de Mazaricos (A Coruña). Abril de 2003, é favorable, aceptando o exposto no informe arqueolóxico e indicando que se mantén, no que proceda, o condicionado do informe de data 14 de agosto de 2002.

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza, a través da Subdirección Xeral de Espacios Naturais e Biodiversidade, emite un primeiro informe que inclúe un resumo do proxecto e as seguintes consideracións:

Actualmente, o lugar onde se pretende construí-lo parque non conta con ningunha figura autonómica ou estatal de protección de espacios naturais.

1. En canto á vexetación, de acordo co estudio e plano ó respecto, non se prevén afeccións a formacións ou especies importantes, endémicas, raras ou significativas. Por outro lado, o estudio recolle a presencia de hábitats de interese comunitario e prioritarios, descritos de forma insuficiente, aspecto que deberá ser solventado.

2. A rede viaria disporá dunha rede de drenaxe que terá en conta que a auga evacuada por cada bueiro se corresponda coa mesma microbacia na que se efectuou a captación, colocándose á saída das drenaxes disipadores de enerxía e barreiras de sedimentos; adoptaranse as medidas precisas para evitar posibles desprendimentos, especialmente en zonas de fortes pendentes; os noiros e desmontes estarán protexidos contra fenómenos erosivos. A deterioración que sufran as infraestructuras viarias como consecuencia do seu uso na explotación deberá ser restaurado.

3. O estudio incorpora unha valoración de sinerxías con outros parques. Nembargantes, non se especifica por onde transcorrerá a liña de evacuación, nin o seu punto de destino, aspecto que debe ser contemplado. Os plans de seguimento integraranse para o conxunto dos parques da zona.

4. Extremarase a minuciosidade no seguimento das poboacións de aves e quirópteros, polo que no desenvolvemento e aplicación do plan de aves, teranse en conta as seguintes recomendacións:

-A frecuencia de mostraxe debe considera-las particularidades estacionais e locais da avifauna (migracións, época reproductora, inicio do voo).

-Presentación de forma explícita dos datos empregados na consecución dos resultados.

-O parque eólico pode ocasionar unha mortandade de aves despreciable durante moitos anos e provocar despois repentinamente (durante unha xustaposición casual de certa bandada de aves con certas con

dicións meteorolóxicas adversas e certa alteración) unha mortandade espectacular de centos de aves nunha soa noite. Polo que o plan debe formularse para que se superpoña en duración co tempo de afección do proxecto, ou sexa, durante a súa vida útil.

-Determinación de limiares de alerta, cunha metodoloxía rigorosa que sirva para a adopción das medidas oportunas, como pode se-la estipulación dun período de parada de aeroxeradores por mortandade temporal de aves.

-Implementaranse as medidas mínimas para a detección de calquera impacto negativo imprevisto que se poida producir sobre as poboacións de aves, tanto durante a execución como a explotación. Unha vez detectado o posible impacto adoptaranse as medidas cautelares que procedan, dando comunicación inmediata dos feitos ó organismo competente.

-Deberían integrarse nun único plan de vixilancia de aves as afeccións que se produzan polos parques e liñas de evacuación.

5. No suposto de que se instalen cancelas canadenses para impedi-lo paso do gando, proponse que se adopten medidas que posibiliten o escape dos animais que poidan caer no foxo.

6. A integración paisaxística será un aspecto crucial na execución da obra, cumpríndose o disposto no plan de restauración presentado. As vías axustaranse á topografía do terreo e o modelado de noiros evitará formas demasiado artificiais. Empregaranse canteiras ou zonas de extracción abandonadas para o depósito de materiais, que logo serán restauradas. Sería adecuado que se propuxesen medidas de carácter compensatorio que tratasen de equilibra-los impacto de índole paisaxística e ecolóxica, mediante labores de mellora ecolóxica e paisaxística, que serán asumidos e programados como un elemento máis do proceso productivo.

7. Para a xestión dos residuos vexetais (pólas e leñas delgadas) recoméndase a súa valorización mediante troceado e trituración.

8. Con independencia do previsto no plan de vixilancia do estudio ambiental, durante o replanteo e execución efectuaranse os controis oportunos para garantir que non se producen impactos imprevistos, sobre todo nas poboacións de aves. No momento no que se detecte un posible impacto, tomaranse as medidas oportunas para evitalo, comunicándolle ó correspondente Servicio de Conservación da Natureza tal situación, así como as medidas que se planifican adoptar. En todo caso, paralizaranse aquelas obras susceptibles de producir afección, mentres o organismo competente non se pronuncie.

No segundo informe, sobre o documento Valoración ambiental do modificado ó proxecto de execución do Parque Eólico Serra de Outes, no municipio de Mazaricos (A Coruña). Abril de 2003, indica que as modificacións do proxecto se caracterizan por unha variación na distribución de infraestructuras

e instalacións en xeral. Nembargantes, a área de afección segue a se-la mesma e non son de considerar impactos de magnitude significativamente distinta. Cabe destaca-la mellora ambiental que supón a eliminación de 7 aeroxeradores.

Por outra banda, co fin de mellora-la integración ambiental será adecuado que para as gabias do cableado, no caso das pistas de nova execución deberán facerse baixo elas, sendo máis axeitado que formen parte do corpo destas, embutidas no firme. Deberán presentarse as solucións constructivas adoptadas. Se ben, por motivos de mantemento, pódese considera-la opción de facelas paralelas e tanxentes ás pistas. No caso de transcorrer paralelamente a pistas xa existentes ou a acondicionar, abondará con achegalos o máximo a estas. En todo caso, as gabias non deben levar como recheo materiais que xeren efecto presa, tal que o formigón. En caso de ser imprescindible dotaranse dos suficientes ocos drenantes. De tódolos modos presentarase xustificación á solución adoptada.

De cumprirse todo o requirido e exposto na documentación e informes ó respecto, non hai motivos para non estimar unha adecuada integración ambiental da obra. De tódolos modos, a execución das obras e o plan de seguimento ambiental serán determinantes no cumprimento da premisa anterior.

A Dirección Xeral de Obras Públicas informa que a Lei 4/1994, de estradas de Galicia, establece que as obras que afecten a área de influencia das estradas requirirán a correspondente autorización administrativa. Así mesmo, a dita lei establece a liña límite de edificación.

Existe afección á estrada AC-403 (Muros-Santa Comba) por parte da gabia do cableado, con motivo dun cruzamento baixo o firme e co percorrido duns 180 m de gabia en paralelo ás zonas de servidume e afección da estrada. Existe un proxecto de acondicionamento da dita estrada que se vería afectado polas obras do parque. Terase en conta que ademais da solicitude de autorización para o cruzamento, a gabia do cableado deberá manter unha distancia mínima de 30 m respecto da área de afección, definida polas liñas paralelas ás arestas de explanación da estrada. As obras non poderán supoñer un menoscabo da súa capacidade resistente nin ocasionar unha perturbación ó tráfico nin diminución da seguridade. O procedemento que se siga para a autorización será o contemplado no Regulamento xeral de estradas, R.D. 1812/1994.

A Dirección Xeral de Turismo emite informe de incidencia turística que inclúe unha descrición das características do proxecto e da súa localización, valoración da incidencia turístico-ambiental e principios normativos nos que se basea o informe.

No punto de conclusións indican que a instalación tería unha incidencia turística innegable sobre os valores turísticos, aínda que non é especialmente grave dado que a zona non presenta aspectos moi

relevantes desde o punto de vista estrictamente turístico.

A instalación produciría unha serie de impactos que deberán ser minimizados coa execución estricta das medidas correctoras e o plan de vixilancia ambiental que se formula no estudio ambiental, así como o coidado de elementos como o edifico de control, que terá un aspecto o menos agresivo posible coa paisaxe.

A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas emite informe favorable, que inclúe un resumo das características básicas do proxecto, da tramitación realizada, dos informes emitidos polos organismos consultados, dos resultados de información pública e unha proposta de condicionado ambiental.

O organismo autónomo Augas de Galicia emite un informe que inclúe a descrición da rede hidrolóxica na área do parque e un resumo das características do proxecto avaliado e da súa localización, acompañado do seguinte condicionado:

En todo momento, durante a construcción e na fase de explotación deberán terse en conta as medidas protectoras de non alteración dos cursos fluviais e a prohibición de verter refugallo neles. Prohibirase o lavado de camións e formigoneiras e o cambio de aceite da maquinaria de construcción nas proximidades dos leitos dos regos afectados. A calidade das augas manterase en niveis óptimos, de tal xeito que trala construcción do parque eólico, a súa calidade e clasificación sexa a mesma que antes do inicio das obras.

As obras non poderán afecta-la calidade nin o volume das augas que teñan por finalidade o abastecemento público dos núcleos e das zonas de afección das construccións. Os servicios de abastecemento terán prioridade fronte a calquera outro, segundo as prescricións establecidas na proposta do Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa.

Un condicionante básico que hai que entender desta área, sería que a futura autorización reflectise que a instalación se axustará ó cumprimento da proposta do Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa e ás súas directrices, en todos aqueles aspectos que lle sexan de afección.

Se con motivo da realización dalgún acceso ou vía con gabia do cableado se produce algún cruzamento cun curso fluvial ou se interrompe algún sistema de abastecemento das parroquias dos consellos afectados, serán necesarias medidas de protección e corrección dos seus efectos, sendo en todo caso preceptiva a autorización do organismo Augas de Galicia, segundo o establece o R.D. 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico e a Lei de augas, no texto refundido aprobado polo Real decreto 1/2001, do 20 de xullo.

En definitiva, esta área considera que a instalación do citado parque eólico non produce alteracións importantes en relación coa planificación hidrolóxi

ca da zona, sempre e cando se cumpran as medidas preventivas e correctoras especificadas neste informe.

Non obstante, faise indispensable unha correcta execución do parque, de tal xeito que a incidencia sobre a rede hidrolóxica da zona sexa mínima, evitando a vertedura de substancias contaminantes ou as interrupcións de abastecemento, sendo necesario, neste caso, e atendendo especialmente ós cruzamentos de regatos ou cursos fluviais por parte da conducción eléctrica, a autorización preceptiva segundo a lexislación vixente de augas.

ANEXO III

Resumo das alegacións

O Concello de Mazaricos alega cuestións relativas á análise de alternativas, valoración de efectos sinérxicos, cualificación urbanística, impacto acústico e deficiencias nos planos do estudio ambiental.

Juan L. Tizón Presas alega certas carencias no estudio ambiental e outras cuestións relativas á utilidade pública e planeamento municipal.

Eladio Campos Ramos e 17 máis alegan cuestións relativas ó planeamento urbanístico, impacto acústico, paisaxístico, faunístico e arqueolóxico do proxecto.

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO