Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 04 de agosto de 2003 Páx. 10.191

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais e o plan de restauración do proxecto da entulleira de muro da concesión de explotación Serrabal, 6073 da provincia da Coruña e promovida por Rocas, Arcillas y Minerales, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 2.4º do Decreto 327/1991, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG número 199, do 15-10-1991), e durante o prazo de vinte días hábiles, someterase o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de vinte días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais e o plan de restauración do proxecto da entulleira de muro da concesión de explotación Serrabal nº 6073, emprazada en terreos do concello de Vedra, provincia da Coruña, e solicitado por Rocas, Arcillas y Minerales, S.A.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar del para consulta nas oficinas desta dirección xeral, nas dependencias das delegacións provinciais das consellerías de Innovación, Industria e Comercio e Medio Ambiente correspondentes, así como no concello de Vedra, e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas