Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 04 de agosto de 2003 Páx. 10.190

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se realiza a publicidade do Acordo do 15 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación para granito ornamental da concesión de explotación derivada do permiso de investigación Prado, 2779.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro) de avaliación de impacto para Galicia, a delegada provincial da Consellería Industria, Innovación e Comercio de Pontevedra

RESOLVE:

Darlle publicidade, mediante a presente publicación, ó acordo do 15-5-2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación para granito ornamental da concesión de explotación derivada do permiso de investigación denominada Prado número 2779, sita en terreos do termo municipal de Ponteareas, provincia de Pontevedra promovido por Granitos Mondariz, S.L.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, a unha superficie de 21,46 ha, dentro do espacio solicitado para a concesión de 1 cuadrícula mineira, comprendida entre os paralelos 42º 12' 20'', 42º 12' 40'' norte, e polos meriadianos 8º 29' 40'', 8º 30' 00'' oeste, e foi incorporada ó expediente da concesión Prado número 2.779, encontrándose á disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevedra, 26 de xuño de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra