Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 04 de agosto de 2003 Páx. 10.190

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/54-2, 5839 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Muras.

Situación: Muras.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 0,116 km de lonxitude, conductor tipo LA-56, con orixe en apoio proxectado nº 3 da L.M.T. Ferroplast de Bodas-OCR Muras e final en apoio nº 4 proxectado da L.M.T. Ferroplast de Bodas-OCR Muras.

L.M.T. subterránea a 20 kV de 0,085 km de lonxitude, conductor tipo R.H.V., con orixe en apoio nº 4 proxectado da L.M.T. Ferroplast de Bodas-OCR Muras e final en C.T. de Muras-Burgo.

C.T. prefabricado de 250 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

R.B.T. subterránea de 0,41 km de lonxitude, conductor tipo R.V., con orixe en C.T. de Muras-Burgo.

L.B.T. aérea de 1,18 km de lonxitude, conductor tipo R.Z., con orixe en apoio nº 1.

R.B.T. subterránea de 0,110 km de lonxitude, conductor tipo R.V., con orixe en C.T. de Muras-centro escolar.

L.B.T. aérea de 1.075 km de lonxitude, conductor tipo R.Z. e orixe en C.T. Muras-centro escolar.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade esta

blecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 26 de xuño de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo