Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 04 de agosto de 2003 Páx. 10.189

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/67-2, 6040 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo

Denominación: L.M.T., C.T.I, campamento e enlace R.B.T. na Devesa.

Situación:

Características técnicas: L.M.T. con orixe en L.M.T. a Ribadeo e final en C.T.I. de campamento, executada en conductor LA-56 sobre torres metálicas cunha lonxitude de 27 m.

C.T.I. de campamento cunha potencia proxectada de 160 kVA e unha relación de transformación 20.000/380-220 V.

R.B.T.S.: prevese o enlace do C.T. proxectado coas R.B.T.S. existentes en conductor tipo R.Z.-95 sobre apoios de formigón e cunha lonxitude de 60 m.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 25 de xuño de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo