Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 04 de agosto de 2003 Páx. 10.201

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2003 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes Circe, S.L., sita na rúa José Adrio Barreiro, 79, de Pontevedra.

Examinado o expediente instruído por instancia de Mª Concepción Pereira Ramos, na súa calidade de representante legal da entidade mercantil Viajes Circe, S.L., titular da axencia de viaxes Viajes Circe, S.L., do grupo retallista, con XG-148, e casa central na rúa Rosalía de Castro, 8 de Pontevedra, en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento na rúa José Adrio Barreiro, 79 de Pontevedra.

Resultando que o interesado xunto coa solicitude, achegou toda a documentación a que fai referencia o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo.

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes, concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Considerando que na tramitación do expediente observáronse tódolos requisitos e formalidades establecidos legal e regulamentariamente.

Vistos a Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia e o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo, esta Dirección Xeral de Turismo,

RESOLVE:

Autorizar á axencia de viaxes Viajes Circe, S.L., do grupo retallista, con XG-148 e casa central na rúa Rosalía de Castro, 8 de Pontevedra, a apertura dun novo establecemento na rúa José Adrio Barreiro, 79, Pontevedra, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Previamente poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación de presente resolución no DOG.

Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2003.

P.D. (Orde 12-1-1998)

María A. Antón Vilasánchez

Directora xeral de Turismo