Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 04 de agosto de 2003 Páx. 10.202

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 16 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifican as incoacións dos expedientes sancionadores de montes OU-39/03-M e OU-40/03-M, devoltos polo servicio de correos.

Notificación do 16 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifican as incoacións dos expedientes sancionadores en materia forestal relacionados no anexo e de referencias OU-39/03-M e OU-40/03-M, e de conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo

común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as incoacións dos expedientes sancionadores acordadas polo delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente en Ourense, por presunta infracción á Lei de montes, do 8 de xuño de 1957 e do seu Regulamento, aprobado polo Decreto 485/1962, do 22 de febreiro, ó non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora dos expedientes a Miriam Areal López, funcionaria desta delegación que poderá ser recusada conforme o réxime de recusación establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

A resolución dos expedientes será acordada por razón da contía da multa polo conselleiro desta consellería de acordo co artigo 452 do Regulamento de montes en relación co Real decreto 167/1981, do 9 de xaneiro.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar e achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De no efectuar ningunha alegación no prazo fixado, estes acordos de incoación poderán ser considerados propostas de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándose para estos efectos o importe da sanción indicado no anexo.

Os expedientados teñen dereito a coñecer, en calquera momento do procedemento o estado de tramitación no que se encontra o expediente, e acceder a el e obter copias dos documentos ou das informacións incluídas nel, tralo pagamento das taxas correspondentes, polo que se pon de manifesto o expediente durante o mesmo prazo que se citou con anterioridade.

De conformidade co artigo 42.4º da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que no caso de non resolve-los presentes expedientes no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ós expedientados producirase a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

O pagamento voluntario poderá implicar a terminación do procedemento sen prexuízo da posibilidade de interpoñe-los recursos procedentes (artigo 8.2º do Real decreto 1398/1993). O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia empregando os impresos oficiais

que se facilitarán na Delegación Provincial en Ourense, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º.

Ourense, 16 de maio de 2003.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

-Expediente/ano: OU-39/03-Montes.

Denunciado/DNI: Maderas Acaf, S.L.L. CIF: B-27280833.

Último enderezo coñecido: avda. de Galicia, nº 52, Monforte de Lemos (Lugo).

Feito denunciado: superar con amplitude o prazo de vinte días sen ter acreditado os ingresos correspondentes ó aproveitamento do lote de madeira nº 32123 relativo ó monte Meda e Montouto 321/5585 adxudicado na poxa con data do 17-2-2003.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 423 do Regulamento de montes, aprobado polo Decreto 485/1962, do 22 de febreiro.

Sanción euros: 1.355,5 euros.

-Expediente/ano: OU-40/03-Montes.

Denunciado/DNI: Maderas Acaf, S.L.L. CIF: B-27280833.

Último enderezo coñecido: avda de Galicia, nº 52, Monforte de Lemos (Lugo).

Feito denunciado: superar con amplitude o prazo de vinte días sen ter acreditado os ingresos correspondentes ó aproveitamento do lote de madeira nº 32124 relativo ó monte comunal de Rebordondo 321/55145 adxudicado na poxa con data do 17-2-2003.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 423 do Regulamento de montes, aprobado polo Decreto 485/1962, do 22 de febreiro.

Sanción euros: 1.355,5 euros.