Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 04 de agosto de 2003 Páx. 10.180

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (258/2003).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos atuos nº 258/2003, seguidos por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo y Enfermedades de la Seguridad Social nº 201 contra empresa Inés Blanco Sousa e Outros sobre declaración de responsabilidade no aboamento de prestacións e reintegro destas, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 3 de xullo de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando as pretensións da demanda presentada pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, declaro a responsabilidade directa e principal da empresa demandada Inés Blanco Sousa no aboamento da cantidade total de 12.859, 45 euros en concepto de indemnización polas lesións permanentes non invalidantes (1.165,97 euros), así como os gastos de asistencia sanitaria (5.410,33 euros), todas elas derivadas do accidente de traballo sufrido o 20-11-2000 así como a subsidiaria do INSS e a TXSS como representantes do extinto Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo e Servicio de Reaseguro respectivamente condenando os demandados a aterse a tal declaración e acordándose, en consecuencia, o reintegro á demandante da cantidade de 12.859,45 euros a que, ascende o importe das presentacións

citadas, condenando a empresa Inés Blanco Sousa a aboar á Mutua Gallega a cantidade de 12.859,45 euros sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do INSS e da TXSS.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que en contra da dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anuncialo o seu avogado ou representante legal designado para o efecto, perante este xulgado, no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, por comparecencia ou por escrito das partes. É posible o anuncio por mera manifestación da parte recorrente ó ser notificada, e será resolto, se é o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, ademais, acreditar ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no BBV, conta nº 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, coa constancia da responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado do do importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa Inés Blanco Sousa que tivo o seu último enderezo coñecido en Vigovidín, 92, Almeiras 15180 Culleredo (A Coruña), e que na actualidade se descoñece, e con fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 3 de xullo de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado