Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 04 de agosto de 2003 Páx. 10.179

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (383/2003).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 383/2003 seguidos por instancia de Carlos Javier Permuy Lorenzo contra Lácteos Andina, S.L. e Fogasa sobre despedimento, a maxistrada xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 2 de xullo de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que debo estimar e estimo integramente as pretensións da demanda, e cualifico como improcedente o despedimento obxecto deste proceso e condeno á empresa Lácteos Andina, S.L. a que readmita inmediatamente a Carlos Javier Permuy Lorenzo nas mesmas condicións que rexían antes de se produci-lo despedimento, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á parte demandante dunha indemnización de 4.783,50 euros.

A devandita opción deberá exercerse no termo dos 5 días a partir da notificación desta sentencia, mediante escrito ou comparecencia diante deste xulgado. Transcorrido o devandito termo sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

Calquera que fose o sentido da opción, condeno, así mesmo, a parte demandada a que satisfaga á demandante os salarios que no percibise desde a data do despedimento ata notificación desta resolución, tomándose en consideración para tal efecto o salario que se estima acreditado no feito probado 1º e tendo en conta a limitación que establece o artigo 57.1º do ET e que ata esta data ascenden á cantidade de 2.941,59 euros a razón de 31,63 euros diarios.

E debo absolver e absolvo a Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que contra a dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anuncialo o seu avogado ou representante legal designado para o efecto, perante este xulgado, no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, por comparecencia ou por escrito das partes. É posible o anuncio por mera manifestación da parte recorrente ó ser notificada, e será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, ademais, acreditar ó anuncia-lo recurso, que consignou o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no BBV, conta nº 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, coa constancia da responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 1250,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado do importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa Lácteos Andina, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido en Paseo Tierno Galván, 22, 3º A, Culleredo, 15670 A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 2 de xullo de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado