Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 04 de agosto de 2003 Páx. 10.179

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (269/2003).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña,

Fago saber: que nos autos número 269/2003 seguidos por instancia de José Pedro Grande Gil, contra J. A. Valiño, S.L. e Fogasa, sobre reclamación de cantidades, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data 2 de xullo de 2003, coa seguiente parte dispositiva:

«Que, estimando a demanda presentada por José Pedro Grande Gil, debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibi-la cantidade de 6.006 euros polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e, nese sentido, debo condenar e condeno a empresa J. A. Valiño, S.L., a que, aténdose a tal declaración, aboe ó actor a cantidade de 6.006 euros en concepto de salarios e liquidación.

E debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que en contra da dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anuncialo o seu avogado ou representante legal, designado para o efecto, perante este xulgado, no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, por comparecencia ou por escrito das partes. É posible o anuncio por mera manifestación da parte recorrente ó ser notificada, e será resolto, se é o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, ademais, acreditar ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da

condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco de Bilbao Vizcaya, conta nº 5602-60, que poderá substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, coa constancia da responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150, 25 euros na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado do do importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mandoo e asino».

E para que sirva lle de notificación á empresa J. A. Valiño, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido en Canteira de Eirís 20, 15009 A Coruña e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, o 2 de xullo de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado