Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 04 de agosto de 2003 Páx. 10.178

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (498/2003).

Eu, Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dou fe de que nos autos de acollemento familiar que

se seguen neste xulgado co nº 498/2003, acordouse, por resolución de data 7 de xullo de 2003, a citación de Montserrat Gómez Álvarez, mediante a publicación da seguinte cédula de citación:

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de acollemento familiar nº 498/2003, que se seguen neste xulgado, acordouse citar a Monteserrat Gómez Álvarez, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o 4 de setembro ás 10:30 horas, compareza neste xulgado para a práctica de dilixencias, prevíndoa de que, de non o verificar, recaerán sobre dela os prexuízos a que houber lugar en dereito.

A Coruña, 7 de xullo de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado