Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 04 de agosto de 2003 Páx. 10.178

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (190/2003).

Eu, Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifico que nos autos seguidos neste xulgado sobre demanda de divorcio nº 190/2003, por instancia de María Begoña Tenreiro Candal, contra Juan Carlos López Fernández, dictouse sentencia co encabezamento e dictame do teor literal seguinte:

«Sentencia.-Na Coruña, catro de xullo de dous mil tres.

Vistos por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez dos da Coruña e o seu partido, os presentes autos de divorcio, seguidos neste xulgado co nº 190/2003, por instancia de María Begoña Tenreiro Candal, representada pola procuradora Sra. Valencia Vallina e defendida polo letrado Sr. Feal Rodríguez, sendo parte demandada Juan Carlos López Fernán

dez, declarado en situación legal de rebeldía, e sendo parte o ministerio fiscal, decido que estimando a demanda interposta polo procurador, debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio constituído por Juan Carlos López Fernández e María Begoña Tenreiro Candal, celebrado na Coruña o 23 de outubro de 1993, cos efectos legais que iso comporta, e debo acordar e acordo a adopción das seguintes medidas:

1. Queda a filla, Antía, baixo a garda e custodia da nai, tendo ámbolos proxenitores a patria potestade.

2. Non se establece réxime de visitas a favor do interpelado.

3. Fixar no 20% dos ingresos que perciba Juan Carlos López Fernández a cantidade que este lle aboará á actora, por mensualidades anticipadas e dentro dos cinco primeiros días de cada mes, polo/s concepto/s de alimentos para a filla, cantidade que ingresará na conta que aquela designe e que será actualizada anualmente con efecto do 1 de febreiro, de acordo coas variacións que experimente o índice de prezos sobre o consumo.

Sen imposición de custas.

Notifíqueselle ó demandado rebelde, Juan Carlos López Fernández, na forma legalmente prevista.

Contra esta sentencia cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco (5) días contados desde o día seguinte ó da notificación daquela (artigo 457 da LAC), que se prepará perante este mesmo xulgado, tendo en conta que de conformidade co que determina o artigo 774.5º da LAC, os recursos que, consonte a lei, se interpoñan contra a sentencia non suspenderán a eficacia das medidas que se acordasen nesta; se a impugnación afectase unicamente os pronunciamentos sobre medidas, declararase a firmeza do pronunciamento sobre a nulidade, separación ou divorcio.

Firme que sexa esta resolución, comuníquese ó rexistro civil correspondente, para os efectos de practica-las anotacións pertinentes.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos oportunos, e para que sirva de notificación ó demandado rebelde Juan Carlos López Fernández, expido e asino este edicto na Coruña o 4 de xullo de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado