Eu, Misael León Noriega, secretario do Xulgado do Social número dous dos de Oviedo e a súa provincia, fago saber que por resolución dictada no día da data no proceso seguido nestes autos nº de demanda 411/2003, por instancia de Ana Isabel Palacios Moyano, contra Inversiones y Seguridad 2001, S.L., sobre cantidade, se acordou citar a Inversiones y Seguridad 2001, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 30 de setembro de 2003, ás 10 horas para a celebración, dos actos de conciliación e, de se-lo caso, xuízo, que terán lugar na sala de vistas deste Xulgado do Social número dous, sito na rúa Santa Teresa 15, deberá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e con tódolos medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e de que estes actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.
E para que sirva de citación a Inversiones y Seguridad 2001, S.L., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e para a súa colocación no taboleiro de anuncios.
En Oviedo, sete de xullo de dous mil tres.
O secretario xudicial
Rubricado