Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 04 de agosto de 2003 Páx. 10.156

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

DECRETO 326/2003, do 24 de xullo, polo que se modifica o Decreto 276/1999, do 21 de outubro, polo que se regula a composición e as funcións do Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia.

Os cambios operados na estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia polo Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, así como o nacemento de novas entidades xestoras do sector audiovisual en Galicia aconsellan a modificación do Decreto 276/1999, do 21 de outubro, polo que se regula a composición e as funcións do Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia, coa

finalidade de adaptalo á situación actual e darlle unha redacción que permita unha maior funcionalidade nun sector en evolución constante.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecatro de xullo de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Modifícase o artigo 3 do Decreto 276/1999, do 21 de outubro, polo que se regula a composición e as funcións do Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia nos seguintes puntos, que quedan redactados como segue:

«-Vicepresidente II: o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio.

-Vicepresidente III: o director xeral de Comunicación e Audiovisual.

-Vocais:

1. En representación da Administración autonómica, designados polo presidente do Consello Asesor e por proposta dos titulares dos departamentos respectivos:

-Tres vocais en representación do departamento con competencias en materia de comunicación social e audiovisual.

-Dous vocais en representación do departamento con competencias en materia de innovación.

-Dous vocais en representación do departamento con competencias en materia da rede corporativa de voz e datos.

-Dous vocais en representación do departamento con competencias en materia de protección civil.

-Un vocal en representación do departamento que exerza as competencias en materia de relación cos medios informativos.

-Un vocal en representación de cada un dos restantes departamentos que integran a Xunta de Galicia».

Artigo 2º

Engádese o punto 8 bis ó artigo 3º do Decreto 276/1999, coa seguinte redacción:

«8 bis. Un representante do Consorcio do Audiovisual de Galicia, designado polo presidente do consello asesor, por proposta do presidente do consorcio».

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo para dicta-las normas necesarias para o desenvolvemento e execución deste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintecatro de xullo de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA