Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 01 de agosto de 2003 Páx. 10.129

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA (SECCIÓN QUINTA)

EDICTO (505/2000).

Francisca Conde Alfonso, oficial en funcións da sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, certifica que na peza de apelación civil número 3075/2001, dimanante de cognición 505/2000 do Xulgado de Primeira Ins

tancia número un dos de Vigo, se dictou sentencia, que no encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, composta polos maxistrados Victoria Eugenia Fariña Conde, presidenta, José Ferrer González e José Luis Albes López, pronunciaron en nome de El-Rei, a seguinte sentencia nº 433/2001.

Vigo, trinta de outubro de dous mil un.

Visto o recurso de apelación interposto contra a sentencia recaída nos autos de xuízo de cognición

número 505/2000, seguidos perante o Xulgado de Primeira Instancia número un de Vigo (peza de sala número 3075/2001), sobre reclamación de cantidade; no que son partes: como apelante a codemandada Ana María Gandón Menduíña, representada polo procurador José Ramón Curbera Fernández e defendida polo letrado Rodrigo Alonso Seoane, e como apelada a demandante Hermelinda Hermida Santiago, representada polo procurador Manuel Castells López, coa dirección da letrada Sonia Raviña Castiñeiras, e a codemandada Remedios López Trevín, en situación procesual de rebeldía; sendo relator José Ferrer González, quen expresa o parecer da sala.

Seguen os antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decido que desestimando o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Ana María Gandón Menduíña contra a sentencia dictada no xuízo de cognición número 505/2000 que se segue no Xulgado de Primeira Instancia número un de Vigo se confirma esta en tódolos seus pronunciamentos, con imposición das custas da segunda instancia á parte recorrente.

Contra esta resolución poderá interpoñerse, se é o caso, recurso de casación que deberá prepararse no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Notifíquese esta resolución ás partes na forma establecida no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.

Con testemuño desta resolución, devólvanse as actuacións ó xulgado de procedencia, que xustificará a recepción.

Así, por esta nosa sentencia, da que se unirá certificación á peza de sala, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Seguen as sinaturas».

Para a súa notificación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación a Remedios López Trevín, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto en Vigo, vinteún de novembro de dous mil un.

A secretaria

Rubricado