Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 01 de agosto de 2003 Páx. 10.130

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA (SECCIÓN QUINTA)

EDICTO (3059/2001).

En virtude do acordado na peza de apelación civil nº 3059/2001, dimanante dos autos de cognición 871/1992, do Xulgado de Primeira Instancia número seis de Vigo, nos que figura como parte apelante a entidade demandante Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra, Caixanova e como parte apelada os demandados Gumersindo Fernández Lamas e a herdanza xacente de María Lamas Rodríguez,

dictouse auto con data do 20 de xuño de 2003, que na súa parte dispositiva di:

«A sala acorda decreta-la nulidade de tódalas actuacións realizadas en relación co incidente de liquidación de xuros, a partir da propia liquidación do secretario, do 20 de decembro de 2000».

E para que conste e se publique no Diario Oficial de Galicia e sirva de notificación a Gumersindo Fernández Lamas e á herdanza xacente de María Lamas Rodríguez, expídese e asínase este edicto.

Vigo o vintecinco de xuño de dous mil tres.

O/A secretario/a

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA