Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 01 de agosto de 2003 Páx. 10.128

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 23 de xullo de 2003 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de sete postos de traballo vacantes na Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, anunciada por orde desta consellería do 6 de xuño de 2003 (Diario Oficial de Galicia número 116, do 17 de xuño).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de sete postos de traballo vacantes na Con

sellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, mediante Orde do 6 de xuño de 2003 (DOG número 116, do 17 de xuño), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se expresan no anexo desta orde, seleccionados conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por orde desta consellería do 6 de xuño de 2003.

Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data na que debe cesar no seu destino o funcionario está gozando un período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta loca

lidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2003.

María José Cimadevila Cea

Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego

e Relacións Laborais

ANEXO

DNI ou NRPGrupoApelidos e nomeCódigo do postoDenominaciónNivelCentro destinoLocalidade

3329112246 A2051BCortiñas Fernández, SilviaFA.C05.00.002.15770.010Servicio de Programas de Cooperación28S.X. de Escolas Obradoiro e Programas de CooperaciónSantiago de C.

3384409224 A2059DSánchez Jato, JosefinaAS.C99.10.000.27001.001Secretario/a do/da delegado/a16Delegación Provincial de LugoLugo

3425528735 A2060ALópez Díaz, Alberto JoséAS.C99.10.000.27001.100Secretario/a provincial28Delegación Provincial de LugoLugo

3384171335 A2060AAlcalde Varela, AlejandroAS.C99.10.000.27001.110Xefe de Servicio de Xestión Económica28Delegación Provincial de LugoLugo

3524392424 A2059DCastro Santos, JuanaAS.C99.10.000.36560.001Secreatio/a do/da delegado/a16Delegación Provincial de VigoVigo

3608271102 A2060APérez-Izaguirre López, María JoséAS.C99.10.000.36560.110Xefe de Servicio de Xestión Económica28Delegación Provincial de VigoVigo

5117724357 A2053CAgra Giol, Carlos AlbertoAS.C99.10.000.36560.111Xefe de Sección de Habilitación24Delegación Provincial de VigoVigo