Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 31 de xullo de 2003 Páx. 10.073

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 30 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica resolución de expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social (219/2003).

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos ó resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícanselles ás empresas que se relacionan as resolucións na orde social correspondentes.

Empresa: Constructora Hispánica, S.A.

Domicilio, localidade: praia Portonovo 36970 Sanxenxo.

Número expediente: 219/2003 1071/2002 (AI).

Data resolución delegación provincial: 28-5-2003.

Preceptos infrinxidos: artigo 9 a) e b) 1º, parte C, anexo IV e artigo 11.1º c) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, e artigo 1.1º, anexo I, en relación co artigo 3.1º b) do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2º, 12, 16 f), 39.3º a) e b), 12.16º b), 39.3º e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Resolución: caducidade acta.

Fáiselles saber ós interesados que poden formular recurso de alzada, perante a directora xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Vigo, 30 de xuño de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra