Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 31 de xullo de 2003 Páx. 10.072

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 25 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o acordo de inicio do procedemento de reintegro do 12 de maio de 2003, das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo FM Reint. 2003/132-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado do acordo de inicio do procedemento de reintegro da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 13-3-2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo), publícase:

«1. Expediente de reintegro: FM Reint. 2003/132-5.

Expediente de xestión: FM 342B 2000/1430-5.

Orde da convocatoria: 13-3-2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo).

Interesado: Telebemo, S.L.

Enderezo: avda. Madrid, 34, entresollado, 36204 Vigo (Pontevedra).

Asunto: acordo de inicio do procedemento de reintegro.

Acordo:

Revisado o seu expediente de conformidade coas facultades de control, avaliación e seguimento que corresponden á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais segundo a disposición adicional primeira da Orde do 13 de marzo de 2000 (DOG do 27 de marzo) pola que se establecen os programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego para o ano 2000, en relación co Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro (DOG do 21 de xaneiro), pola que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

E comprobada a extinción da relación laboral dos traballadores Rosa María Ares Araújo (36133179-H) con data do 8-9-2000 e Andrés Ferreira Tobío (36101445-R) con data do 28-9-2000, sen que conste a súa substitución nas condicións esixidas pola base décima do anexo B da dita Orde do 13 de marzo de 2000 (DOG do 27 de marzo).

Acordo:

1. Iniciar, no exercicio da competencia atribuída polo artigo 20.2º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro (DOG do 11 de decembro), o procedemento de reintegro da subvención de 4.207,08 euros concedida na Resolución do 1-8-2000 pola contratación indefinida de Rosa María Ares Araújo (36133179-H) e Andrés Ferreira Tobío (36101445-R).

2. O reintegro voluntario polo interesado ante o órgano competente da Consellería de Economía e Facenda, en calquera momento anterior á proposta de resolución, producirá a terminación do procedemento, sen prexuízo de que se dicte a resolución pola que se declare a dita circunstancia, de acordo co establecido no artigo 20.5º e 20.6º, do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

3. Darlle trámite de audiencia ó interesado, concedendo a Telebemo, S.L., un prazo de 10 días hábiles para formula-las alegacións e achega-los documentos que estime pertinentes.

Vigo, 12 de maio de 2003. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial de Pontevedra».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Promoción do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 25 de xuño de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra