Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 31 de xullo de 2003 Páx. 10.072

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Federación de Asociaciones Provinciais de Empresarios de Salas de Fiestas, Baile y Discotecas de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Federación de Asociaciones Provinciais de Empresarios de Salas de Fiestas, Baile y Discotecas de Galicia que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán ser membros da federación as organizacións provinciais de empresarios de salas de festas, baile e discotecas de calquera das catro provincias galegas.

Asinan a acta de constitución: Diego Naváez Gámez, en representación da Asociación de Empresarios de Discotecas y Salas de Fiesta da Provincia de Lugo, e dúas persoas máis representando a outras tantas asociacións.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais