Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 31 de xullo de 2003 Páx. 10.073

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2003 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación de servicios de microinformática para o Instituto Galego de Promoción Económica.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación de servicios de microinformática para o Igape (C.P. 8/2003).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servicios Xurídicos.

c) Número de expediente: C.P. 8/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicios de microinformática para o Igape.

b) Lugar de execución: localizacións nas que o Igape preste servicios en Galicia.

c) Prazo de execución ou data límite de entrega (meses): os prazos de execución serán os establecidos na oferta técnica do adxudicatario cos máximos establecidos no prego de prescricións técnicas. O contrato estará vixente ata esgota-lo prezo máximo total e por prazo máximo dun ano desde a sinatura, prorrogable por un máximo doutro ano, logo de acordo expreso das partes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento e forma de adxudicación: concurso público aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe total 96.768 A, IVE incluído, dos que 48.384 A corresponden ó prazo de vixencia inicial dun ano e outros 48.384 A ó prazo dun ano de posible prórroga.

5. Garantía provisional: 967,68 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso (grupos, subgrupos e categoría): non procede.

b) Solvencia económico-financeira e técnica: suficiente solvencia económica e experiencia do persoal destinado á execución (o persoal deberá ter unha formación mínima de FP II ou equivalente, e experiencia mínima de 2 anos no uso avanzado de ferramentas informáticas e sistemas de comunicación: en particular Microsoft Office, Access, SQL Server, Windows 2000, Hardware de rede, correo electrónico e servicios da Internet), o que se acreditará polos medios establecidos no punto C da folla de especificacións.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás 14.00 horas do décimo quinto día natural seguinte á publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo, o prazo entenderase prorrogado ata ás 14.00 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, complexo administrativo San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, télex, telegrama ou e-mail conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica.

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: en acto público o décimo día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas técnica e económica.

e) Hora: 12.00.

10. Gastos de anuncios: 700 A máximo serán por conta del adxudicatario.

11. No caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos: www.xunta.es/contratacion.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica