Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 30 de xullo de 2003 Páx. 10.021

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 7 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores en materia de réxime de v.p.o. E.S.OU-01/03, E.S. OU-02/03, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la iniciación dos expedientes sancionadores por infracción do réxime legal de v.p.o. por non ser posible a notificación a través do servivio de correos.

Os interesados poderán presentar contra a devandita resolución, que non pon fin á vía administrativa, recurso de alzada no prazo dun mes ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, podéndoo interpoñer ben directamente ante el ou ben ante esta delegación provincial.

O que se lles notifica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Ourense, 7 de xullo de 2003.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

-Expediente nº E.S. OU-01/03.

Responsable: José A. Folgoso Castaño.

Enderezo: r/ Pablo Iglesias, nº 5, bl. III, 7ºA. 32004 Ourense.

Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial, de promoción pública, da que é titular, a domicilio habitual e permanente.

Infracción: grave (artigo 5 c) da Lei 13/1996).

Sanción proposta: 1.500 A.

-Expediente nº E.S. OU-02/03.

Responsable: Sara Rodríguez Rivero.

Enderezo: r/ Pablo Iglesias, nº 5, torre 3, 9ºA. 32004 Ourense.

Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial, de promoción pública, a domicilio habitual e permanente.

Infracción: grave (artigo 5 c) da Lei 13/1996).

Sanción proposta: 3.000 A.