A Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6 da orde da Consellería de Sanidade do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), unha vez rematados os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria:
1. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de reactivos e demais materiais necesarios para a realización de probas analíticas de seroloxía no Servicio de Laboratorio.
b) División por lotes: non.
c) Variantes: non se admiten.
2. Orzamento máximo de licitación: 110.000 euros (IVE incluído).
3. Garantía provisional: consignarase unha garantía provisional do 2% do orzamento de licitación, por importe de dous mil douscentos euros (2.200 A). Así mesmo, deberase constituír unha garantía definitiva do 4% do orzamento de adxudicación. Estas garantías constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño (BOE nº 148, do 21 de xuño), polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (TRLCAP).
4. Prazo de execución: 1 ano contado desde a súa formalización.
5. Prazo de entrega: o material obxecto deste concurso deberá ser entregado mediante entregas periódicas segundo as necesidades comunicadas polo departamento de loxística do centro.
6. Documentación e información: o prego de cláusulas administrativas e particulares e demais documentación complementaria poderán ser solicitados no Servicio de Xestión Económica, departamento de Contratación do Hospital Comarcal Valdeorras, avda. Conde de Fenosa nº 50, 32300 O Barco de Valdeorras-Ourense; teléfono: 988 33 90 61; fax: 988 32 50 56.
7. Solvencia económica, financeira e técnica: acreditaranse por calquera dos medios, alomenos un en cada caso, sinalados nos artigos 16 e 18 do TRLCAP.
8. Criterios de adxudicación.
-Panel de determinacións: ata 40 puntos.
-Prezo: ata 30 puntos.
-Asistencia técnica: ata 20 puntos.
-Características técnicas: ata 10 puntos.
9. Presentación de ofertas.
a) Documentación que hai que presentar: a referida nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.
b) Lugar de presentación: rexistro xeral do Hospital Comarcal Valdeorras.
c) Data límite de recepción de ofertas: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte o da publicación deste anuncio no DOG. Tamén se poderán presentar por correo, dirixidas o órgano de contratación, debendo xustifica-lo licitador a data de imposición do envío na oficina de correos e comunicarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.
10. Apertura das ofertas: será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Comarcal Valdeorras, ás 11.00 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
11. Gastos de publicidade: os anuncios serán por conta do adxudicatario do contrato.
12. Consulta dos pregos: http://www.sergas.es.
O Barco de Valdeorras, 4 de xullo de 2003.
Dionisio López Bellido
Director xerente do Hospital Comarcal Valdeorras