Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 30 de xullo de 2003 Páx. 10.022

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2003, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras, pola que se anuncia o concurso público, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a realización de probas analíticas en laboratorios alleos (C.P. 33/2003).

A Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6 da orde da Consellería de Sanidade do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), unha vez rematados os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria:

1. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: realización de probas analíticas en laboratorios alleos ó Hospital Comarcal Valdeorras.

b) División por lotes: non.

c) Variantes: non se admiten.

2. Orzamento máximo de licitación: 123.000 euros (IVE incluído).

3. Garantía provisional: consignarase unha garantía provisional do 2% do orzamento de licitación, por importe de dous mil catrocentos sesenta euros (2.460 A). Así mesmo, deberase constituír unha garantía definitiva do 4% do orzamento de adxudicación. Estas garantías constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño (BOE nº 148, do 21 de xuño), polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (TRLCAP).

4. Prazo de execución: 1 ano contado desde a súa formalización.

5. Documentación e información: o prego de cláusulas administrativas e particulares e demais documentación complementaria poderán ser solicitados no Servicio de Xestión Económica, departamento de Contratación do Hospital Comarcal Valdeorras, avda. Conde de Fenosa nº 50, 32300 O Barco de Valdeorras-Ourense; teléfono: 988 33 90 61, fax: 988 32 50 56.

6. Clasificación: grupo N, subgrupo I, categoría A ou grupo III, subgrupo I, categoría A (segundo o disposto pola disposición transitoria única do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, RXCAP).

7. Solvencia económica, financeira e técnica: acreditaranse por calquera dos medios, alomenos un en cada caso, sinalados nos artigos 16 e 18 do TRLCAP.

8. Criterios de adxudicación.

-Plan de calidade: ata 20 puntos.

-Circuítos de comunicación: ata 20 puntos.

-Presentación xeral da oferta: ata 15 puntos.

-Características xerais da empresa: ata 15 puntos.

-Complexidade, métodos e número de técnicas: ata 15 puntos.

-Prezo: ata 15 puntos.

9. Presentación de ofertas.

a) Documentación que hai que presentar: a referida nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

b) Lugar de presentación: rexistro xeral do Hospital Comarcal Valdeorras.

c) Data límite de recepción de ofertas: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. Tamén se poderán presentar por correo, dirixidas ó órgano de contratación, debendo xustifica-lo licitador a data de imposición do envío na oficina de correos e comunicar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

10. Apertura das ofertas: será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Comarcal Valdeorras, ás 11.00 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que este día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

11. Gastos de publicidade: os anuncios serán por conta do adxudicatario do contrato.

12. Consulta dos pregos: http://www.sergas.es.

O Barco de Valdeorras, 4 de xullo de 2003.

Dionisio López Bellido

Director xerente do Hospital Comarcal Valdeorras